Raquel Queizás chegou coa súa maleta chea de contos, adiviñas e bonecas de millo. A maleta está chea de pequenos tesouros cos que nenos e maiores disfrutaron dunha tarde de fantasía.



O xoves 23 de outubro pola tarde Leo Leíño animou con trucos de maxia e humor á rapazada e adultos que pasaron a gozar da actuación, a maga necesitou da axuda dos participantes para levar a cabo algunha das actuacións. A animación tivo unha duración de 70 minutos que pasaron moi rápido, todos os asistentes quedaron contentos co espectáculo.

O xoves, 23 de outubro visitou a nosa biblioteca Xanela Ocio cos seus Contos ao revés. Contos tradicionais dados a volta para ensinar aos máis pequenos os valores de igualdade e respecto aos demais. Acompañados dun teatriño e música fixeron as ledicias dos máis pequenos da casa que, xunto aos seus pais e nais, gozaron con esta nova maneira de tratar os contos de sempre.

Onte pasamos na biblioteca unha tarde diferente, pois contamos coa visita de Leo Leiño e a súa “Máxia Cómica”. Foi un espectáculo moi ameno e participativo, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban. Leo estivo divertidísima e fixo unha morea de trucos, coa colaboración de moitos dos nenos do público. Ó rematar todos tiveron unha variña máxica como agasallo. Os asistentes quedaron moi contentos coa actuación.
Esta sesión desenvolvida por Polo Correo do Vento foi unha mestura de contacontos e taller de ilustración. Tivo unha duración de 50 minutos. Nun primeiro momento mesturáronse a narración da historia do Misterio do Pirata Benito Soto. As distintas ilustracións son unha homenaxe o personaxe Sherlock Holmes do escritor Conan Doyle.
Nun segundo momento o ilustrador ensinou a debuxar dunha maneira sinxela un pirata; fixéronnpo tanto os rapaces como os adultos asitentes á sesión. Como remate, os rapaces, colorearon as escenas feitas nun primeiro momento e o debuxo do pirata feito polo ilustrador. Quedando os tres debuxos na biblioteca.
O mércores, 22 de outubro dentro das actividades organizadas polo Sistema de Bibliotecas de Oleiros en colaboración co Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia visitou a Biblioteca de Santa Cruz a espectacular maxia de Chrystyan Magic, co seu espectáculo “Na senda da serpe alada”.



A actividade levouse a cabo no Teatro das Torres, anexo á biblioteca, onde un público entregado disfrutou cunha xornada de animación á lectura e de dinamización da nosa lingua. Chrystyan Magic creou un ambiente de maxia e ilusión, de sonrisas e risas que encantaron a grandes e pequenos. Espectáculo que esta baseado nos libros de Ana María Fernández e Xoán Babarro, que narra as aventuras de Chrystyan e o mago Bosco.
O día 21 de outubro, na semana de celebracións do Día da Biblioteca, IMASV realizou unha sesión de formación para pais e nais sobre recursos educativos na internet. A pesar do escasísimo aforo resultou moi interesante.
O sábado 18 de outubro Eduvia deleitounos cun repertorio de contos máxicos nos que amosaron valores como a convivencia, a igualdade, o respeto ao medio ambiente e o traballo en equipo.

Branca de Neve ten un problema cada vez que se mira no espello, e que se ve reflexada nos tres porquiños. E Carrapuchiña xa non ten que temer ao lobo feroz porque agora é vexetariano.

Elefante elegante crea novas historias mesturando os contos de sempre, e danos moita risa mentres a casa da avoa vaise construíndo diante dos nosos ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .


Séguenos