Narracións de contos con Ana Romero enlazados con pequenos experimentos con utensilios da vida cotiá.
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, 0 24 de outubro, a biblioteca programou a actividade que leva por título “A maleta da avoa”. O espectáculo realizouse ás 10.30 horas, nas dependencias da biblioteca. A intérprete, Raquel Queizás, compartiu cos nenos e nenas asistentes as lembranzas que viven na súa maleta: contos populares, tradicionais, ambientados no rural galego.

O pasado día 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca coa obra Lobo bobo de Elfante Elegante.
Neste espectáculo os contos non son como tradicionalmente. O lobo da Carrapuchiña faise vexetariano, a madastra de Branca de Neve convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello.
Un espectáculo participativo nos que os nenos e nenas cambian os contos.
O venres 24 de outubro Migallas Taetro realizou o espectáculo “Merenda con pan de millo”. Baseado na libro-disco “Pan de millo” combinan cancións de creación propia e cancións tradicionais con narración oral . Ademais de manter a atención dos nenos animaron a cantar e bailar a toda a familia. A posta en escena foi espectacular con abundante atrezo e accesorios utilizados polos personaxes na actuación conseguindo a participación dos numerosos nenos e pais.
O pasado venres 24 de outubro, a axencia de lectura de Corvillón foi a encargada de organizar a celebración do Día das Bibliotecas en Cambados. Comezamos ás 18.30 no Auditorio Municipal da Xuventude coa lectura do pregón en homenaxe póstuma á Ana María Matute, que leron tres rapaces devora-libros, á vez que no resto de España se estaba a ler igualmente noutras bibliotecas e auditorios. A continuación fixemos entrega duns lotes de libros aos 9 socios das bibliotecas que máis leron n0 que vai de ano e como colofón deste día contamos co Kukas que encheou o auditorio de sorrisos coas aventuras e desventuras de Xan Perillán e a súa maleta máxica.

Asistirón unhas 250 persoas que quixeron compartir connosco o seu amor polas bibliotecas e os libros… sen dúbida foi todo un éxito. Esta foi a última das actividades que puidemos realizar grazas ao programa Ler conta moito da Xunta de Galicia. O balance de todos os espectáculos realizados non pode ser mellor, polo que aproveitamos este post para agradecer estas iniciativas que tanto axudan a facer das bibliotecas espazos vivos cheos de cultura.
Elefante Elegante presentou a súa obra LOBO BOBO, oitenta nen@s de educación infantil e primeiro ciclo de primaria disfrutaron dunha forma diferente os contos de sempre……
………Carapuchiña, Branca de Neve, Os tres porquiños….Nada remata como lles tiñan contado
A Biblioteca de Mugardos contou coa presenza de Magín Blanco para festexar o Día da Biblioteca. Cos seus Contos en-cantados abraiou a pequenos e maiores, que participaron acompañando as narracións cantadas da Nena e o Grilo, de María Fumaça e outras mais…
Ó comezo da sesión, Mirari, fíxolles preguntas ós rapaces sobre Xose María Díaz Castro e explicoulles cousas sobre él. Díxolles que tiñan que facer nun folio unha poesía visual sobre o autor. Ían xogar co nome Xose María Díaz Castro e misturar cores e tamaños de letras e recortes de revistas para conformar un collage. Ó remate cada neno falou do porque do seu traballo.


A tarde do sábado 25 de outubro celebramos con Pablísimo o día da Biblioteca. Pouco a pouco e un tras outro foi relatando os seus contos, uns máis curtos, outros mais longos, contos con letras, A, E, I, O, U. , contos con tartarugas, contos con caracois, cancións e trabalinguas que provocaron risas e aplausos entre todo o público.


Séguenos