
O día 24 de Outubro o mago Chrystyan Magic co seu espectáculo “Na senda da serpe alada”, fíxonos pasar unha tarde moi agradable e divertida , tanto os pequen@s como os maiores foron partícipes do seu espectáculo de maxia.

Para celebrar o dia da Biblioteca o día 24 tivemos ás 17:30 h. “CONTOS de marmeleiro, anís e limón” a cargo de Marisa Irimia.
O contacontos resultou moi ameno , disfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban
Neste obradoiro impartido pola Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta de Lalín todos os rapaces de 1º de ESO do IES Pino Manso cooperaron para facer unha adaptación dun conto tradicional para sombras chinesas. Os participantes construíron un teatriño, os personaxes e diferentes elementos da escenografía. Cunha metodoloxía cooperativa, práctica, adaptada ás características dos/as participantes, e, por suposto, lúdica, buscamos que o obradoiro sexa un espazo de liberdade de expresión a partir do diálogo e da realización de experiencias culturais compartidas.
Actividade que se levou a cabo o día 25 ás 19:00 na Biblioteca Municipal de Quiroga. Nela participaron unha cincuenta persoas das que uns trinta forón nenos e nenas e o resto familiares acompañantes. Foi unha actividade dinámica e participativa na que os asistentes saíron satisfeitos.
A través dos contos e da música chegamos a un mundo de lendas e anécdotas na que predominou a participación e interacción co público familiar.
A ONG Solidariedade Internacional de Galicia ven traballando desde 1986 a favor das poboacións en países de América Latina, África e a conca do Mediterráneo. Entre as súas prioridades destaca a realización de campañas de animación e de sensibilización dirixidas ós nenos galegos, como a que tivemos a oportunidade de disfrutar este venres na nosa biblioteca. A animadora, María, coa finalidade de facilitarlles ós nenos unha visión intercultural da realidade dos países latinoamericanos, narroulles contos populares, achegándolles ademáis curiosidades, costumes e información xeográfica de cada un deles.


A narradora Sole engalionounos a todos cunha selección de contos de diferentes partes do mundo, combinando as risas cos medos e os silencios cos bailes…moi entretido.
O xoves, 23 de outubro acudiu a biblioteca “A illa d@s nen@s” con este espectáculo que agradou moitísimo
Os participantes aprenderon aspectos científicos sobre a cor, a luz, o son, as matemáticas, a astronomía e sobre o reciclaxe, todo misturado cunha pinga de maxia.



Séguenos