Charo Pita mediante palabras, trabalinguas, contos, algún silencio, xogos, cancións arrolantes e sons sorprendentes conseguiu atrapar a atención de nenos e pais.
O sábado 4 de outubro Trinketrinke Teatro no espetáculo teatral “Non máis guerra” acadou o obxetivo de fomentar valores como a paz e fomentar o uso da biblioteca e a lectura a través deste divertido, musical e participativo contacontos teatral.

O venres, 10 de outubro, a compañía de teatro Elefante Elegante levou o seu espectáculo “O aviador” á Biblioteca de Nós.
Un aviador que recorría o mundo fíxose amigo dun moucho ao que lle molestaba a luz do sol. Entre os dous intentaron buscar unha solución axudados polo seu amigo o vento.
Luz, escuridade, sombras chinesas. Todo un espectáculo de luces e sombras que non deixou indiferente a ninguén.

O xoves, 9 de outubro na Biblioteca de Lorbé, descubrimos moitas cousas sobre os fósiles e os dinosarios, gracias a Maumarela, que nos amosou como xorden os fósiles, que son e como é o traballo dos paleontólogos. Todo iso na primeira parte da actividade, na segunda, a máis divertida, creamos os nosos propios fósiles, dous, un o rematamos na biblio, pero polo outro hai que esperar, tres días e o romperémolo molde atopando unha sorpresa.
O mércores oito de outubro celebramos na axencia de Lectura de Guillade unha sesión de contacontos con Expresións Producións. Os nenos e o os papas permaneceron moi atentos a actividade e colaboraron na representación improvisada dun conto coas personaxes de dragón, gato, princesa, páxaro….



Gozamos dun obradoiro de ilustración con María Lires, a temática elixida foron os animais, mentres María debuxaba nunha pizarra unha xirafa xigante os nenos facian o mesmo co seu animal favorito nos seus respectivos folios.
A actividade tivo unha duración aproximada de 80 minutos.

O día 7 de outubro tivo lugar este obradoiro de 100 minutos de duración dirixido á infancia de 4 a 11 anos. coa intervención de dous integrantes de Maumarela.
Constou de dúas fases, na primeira fíxose a proxección de imaxes do proceso de fosilización dos dinosauros, acompañadas de explicacións axeitadas ao tramo de idade dos participantes, na segunda as crianzas fixeron cadanseu fósil para levar á casa. Utilizouse plastilina, xeso, area e auga, así como figuras de dinosauros que entusiasmaron á rapazada.
Unha actividade realmente interesante e moi ilustrativa.

“Contos que deixan pegada” na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros con Pavís Pavós
Onte, martes 7 de outubro tivemos na Biblioteca P.M. “Manuel María” de Oleiros unha sesión de contos orientada a transmitir
valores, sen caer no didactismo e afastándose de moralismos. Contos narrados con maestría e que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades.
O pasado xoves día 2 de outubro visitou a nosa biblioteca Lisístrata.
Nunha sala infantil chea de rapazada de 4 a 10 anos e algún pai ou nai que se nos colou nesta festa do conto infantil, Lisístrata aproximounos a contos sobre a igualdade. Foi un ratiño moi agradable no que a contadora de historias fixo que os asistentes desfrutasen e, de paso, adquirisen valores de respeto e convivencia.

Alongouse a preto dunha hora, pero polo entusiasmo demostrado pola rapazada foi moi divertido.

O mércores 1 de outubro, ás 18:50 h, Santi Prego trouxo á Biblioteca de O Froxel “Franciso A. Vidal” de Arteixo, moitos e divertidos contos e cantos acompañado polos seus monecos, facendo participar activamente ós nenos que viaxaron coa imaxinación a mundos fantásticos.


Séguenos