O día 5 de abril en “Os Sábados, conto” Trinketrinke Teatro, con vestuario de ratos, fixo unha actuación moi orixinal. Elaborou receitas sinxelas para que os rapaces despois as poideran facer na casa, coa mensaxe de aprender a comer san. Conseguiron manter a atención dos nenos de principio a fin.
O mércores 2 de abril o grupo “Polo Correo do Vento” desenvolveu actividade “A volta ao mundo en oito máquinas” . Os rapaces quedaron encantados de participar activamente no espectáculo que conxuga música, teatro e contacontos.
Moi entretida que deixa os pequenos abraiados, na que se misturan contos que eles coñecen perfeitamente……. enredandoios uns con outros!
Consegue captar totalmente a atención dos pequenos, faendoios participes da actuación
O 21 de marzo contos con música e cancións con Bea Campos na Biblioteca de Pontevedra. Os bebes e os seus pais disfrutaron moitísimo coas historia, a música e as cancións de Migallas.
Espectáculo de narración oral no que O Duende Dada deléitanos cun repertorio de contos marabillosos nos que están presentes valores moi importantes: Convivencia, Traballo en equipo, Igualdade, Medio ambiente

Tamén nos descobre o lugar onde podemos encontrar todas esas historias, por iso nos fala dos libros, a lectura, as bibliotecas, como a nosa.

Moitos nenos participan con Dada neste Contacontos máxico. Unha forma moi divertida de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Consultar o enlace ao evento no Facebook da Biblioteca
Celebramos o Día do Libro Infantil o 3 de abril con Larraitz e as súas historias dos distintos tipos de familias que podemos encontar. Pasamolo ben e a finais deste mes faremos a festa do cumpreanos de Andersen.
Na BPM Mugardos festexamos o Día do Libro Infantil escoitando os contos de Dada o duende, da man de Patricia Martínez (Eduvía: Vías para a educación).
Tres historias con trasfondo de igualdade nas que os nenos e nenas poideron interactuar, cantar, bailar… e aprender!
Pavís Pavós contaron unha serie de contos nos que os nenos aprenderon a ser máis tolerantes e respetuosos.
A Biblioteca do IES Val do Asma de Chantada acolleu unha actividade de coñecemento da vida e obra dun dos grandes pintores dos S.XIX-XX, Vincent Van Gogh, titulado “UN DÍA CON VAN GOGH”, na que participou o alumnado de Carballedo e Chantada, de 1º e 3º da ESO.
A compañía Crearte, que foi quen impartiu o obradoiro fixou unha sesión teórico-práctica na que se lles amosaron ós/ás rapaces unha pequena mostra das obras deste singular artista, así como algunhas características da súa pintura e anécdotas da súa intensa e curta vida.


Séguenos