MaxicoSons, unha aventura entre libros na Biblioteca de Vilasantar
Os nenos de Vilasantar disfrutaron dun espectáculo de maxia e música entre libros, con Alvaro Muras e Martín

Os nenos de Vilasantar disfrutaron dun espectáculo de maxia e música entre libros, con Alvaro Muras e Martín

María Salgueiro e Sé Rial (Nanoteatro) escenificaron dous contos, “Ajdar”, de Marjane Satrapi, autora da famosa novela gráfica Persépolis, e o máis tradicional “Papamedos”. Contaron co apoio entusiasta dun nutrido grupo de nenos e nenas crédulos e entregados
Gran actuación que mantivo embelesados os nenos e maiores, mantendo a atención e faeendoios participes delas, narrando, contando, imitando… orixinal entretida e moi divertida.
Para recomendar e para volver a repetir!!!
Participación intensa e continua dos nenos, sen duvida capta a sua total atención.
A actuación foi excelente en todo o momento, quedando con ganas de mais.
Narración oral, tal e como a contaban hai máis de 2.000 anos en Galicia.
Leva ós nenos a un mundo imaxinario, sorpréndeos coa súa orixinalidade, consegue transmitir emocións, ás veces sorpresa, ás veces medo, coas súas descricións de personaxes e situacións variopintas, todo acompañado de moita tenrura.
Onte pola tarde, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, quenes, con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións.
A pesar da tarde chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles gusta xogar á lúa e o sol; canto come o Polo Pepe e o gordecho que se está a volver; cantos amigos fixo o señor Coc mentres intentaba descubrir quen era. E tamén cantamos cancións coa axuda dos nosos dediños e duns axóuxeres artesáns que Xacobe e Tareixa prestáronnos para a ocasión.
O único que lamentamos foi ter que despedirnos dos nosos novos amigos. Esperamos poder velos pronto, pero mentres tanto levámonos á casa un montón de libros para seguir gozándoos en familia.
O venres 16 de maio tivo lugar a representación de Soñei que era unha árbore, a cargo de Avoa Youja. Trata do nacemento dunha árbore, contado todo con xestos e imaxes. A actuación estivo acompañada de música.
Nesta actividade participaron nenos menores de 3 anos.
O sábado 10 de maioás 12:00
tivo lugar o contacontos Contos ao revés a cargo de Xanela Ocio.
Os rapaces puideron disfrutar con esta actividade, aínda que podería ser máis amena e participativa.
María Lires co seu obradoiro de debuxo e pintura introduxo a un grupo de nenos no fabuloso mundo da ilustración dos contos.
o día 15 de maio, os cativos da parroquia de Guillade e da contorna,pintaron todo tipo de animais seguindo os consellos da ilustradora e asistiron asombrados ao nacemento dunha xirafa nun lenzo que representaba o ceo azul da sábana.


Séguenos