Contos de príncipas e princesos con Pablísmo na Axencia de Lectura Municipal de Carnota

O pasado venres, 9 de agosto, nenos/as e maiores gozamos en Carnota co espectáculo Príncipas e princesos, unha divertidísima sesión de contacontos a cargo de Pablísimo. O contador, botando man de diferentes recursos teatrais coma o kamishibai ou monicreques, achegounos unha reflexión sobre a igualdade de xénero, mediante a narración de contos atípicos con cambios de rol e inversión dos papeis tradicionais.

Rematamos a sesión cun conto musical, cuxa banda sonora correu por conta do público, que con mestría fixo soar unha morea de instrumentos insólitos.















Séguenos