Non hai cousas de neno e cousas de nenas: só persoas. Ler conta moito en Pantón contou con Juste Kamishibai, Papel e Teatro.s



O dí a 7 de agosto de 2024 tivemos na bibioteca municipal de Arbo “Segundo Gil Dávila” a visita da compañía creativa Un mar de Cores, co obradoiro de ilustracións creativas “Laboratorio de personaxes. As historias mellor contadas son as nosas”. Este interesante obradoiro consistiu en mostrar aos cativos e cativas de Arbo a importancia da creatividade, así como a importancia de saber compartir, xa que os cativos e cativas tiveron a oportunidade de debuxar os seus propios contos con personaxes creados por eles mesmos de xeito comunitario, de maneira que cada neno e nena ía debuxando unha parte do mesmo, e ninguén tiña o conto en propieade, fomentando e pondo en valor o respeito polos obxetos comunitarios. Tamén lles foron contadas diversas historias de personaxes moi coñecidos pero cun toque personal e diferenciador co fin de manter a atención e facer reflexionar aos nenos e nenas. As temáticas da emigración galega na américa e a ecoloxía foron transversais no decorrer da actividade. Nesta actividade participaron 22 nenos de entre 9 e 12 anos e 3 adultos.
Nos aledaños da Casa de Cultura de Ribadumia, nas dependencias da Bilioteca Municipal de Ribadumia, unha mañan de verán preciosa Mercedes Domech cos seus monicreques/monstruos tivo unha actuación maxistral, onde nenos e nenas disfrutaron coas suas historias.
No día de hoxe tivemos o pracer de acoller no auditorio da Casa da Cultura Luis Seoane o espectáculo “A maxia dos libros”, no que Nami e O Mago da Boina deron vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Foi unha fantástica experiencia cómica, tanto para adultos como, especialmente, para nenos e nenas. A maxia fusionouse cos beneficios da lectura para facernos pasar un tempo entretido e moi divertido co que gozar da maxia e, á vez, fomentar o hábito lector entre os máis pequenos.




Na biblioteca de Esgos onte tivemos un obradoiro creativo da man de Sheila García Prado e os seus “Contos en construción”.


A rapazada demostrou a súa creatividade construindo casiñas a partir de diferentes materiais. Artistas!!!
O pasado mércores 7 de agosto celebrouse na biblioteca un espectacular show de maxia. O evento foi divertido, lúdico, participativo e didáctico, achegando a maxia dos libros a unha nova xeración de potenciais lectores.
Fotografías da actividade publicadas polo artista.

O venres achegouse ao Pereiro de Aguiar, Brincadeira Pirata para contarnos diversas historias sobre mulleres piratas, nas cales introduciron aos nenos e nenas nelas mediante xogos.



Remata o derradeiro obradoiro de verán da biblioteca de Celanova.
Unha entretida achega ós libros, cómo son e cómo se fan.
📢 Que ben o pasamos na actividade de Stop Motion! 🎬✨
A pasada fin de semana, a nosa biblioteca encheuse de creatividade e innovación coa actividade de Stop Motion.
A rapazada fixo equipo para aprender e pasalo de medo co fascinante mundo da animación. Coa guía dunha experta, os participantes lograron dar vida ás súas propias historias, combinando tecnoloxía e imaxinación en cada curta.
Estamos emocionados de seguir ofrecendo máis eventos na nosa biblioteca. 📚💡
PRÓXIMA ACTIVIDADE
CONTA CONTOS CON PAULA CARBALLEIRA.
3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos.
Lugar: Biblioteca Municipal de Barro
Data: 14/09/2024
Hora: 12:00
Sábados na Biblioteca.
Ler conta moito.
Biblioteca Barro.

O venres 9 de agosto tivemos a visita da exploradora Raquel Queizás que coa narración dos seus contos e a participación dos nenos e maiores pasamos unha tarde moi divertida.


Séguenos