“O lapis de Martín” na Biblioteca Pública Municipal A Ponte
O luns 8 de xullo Sabela coa súa expresividade e talento, captou a imaxinación dos máis pequenos.


Disfrutamos dunha narrativa participativa chea de aventura e fantasía.
O luns 8 de xullo Sabela coa súa expresividade e talento, captou a imaxinación dos máis pequenos.


Disfrutamos dunha narrativa participativa chea de aventura e fantasía.
O martes 2 de xullo contamos cun espectáculo onde o mago conseguiu fascinar os máis pequenos coa súa habilidade, realizando ilusións visuais, xogos de cartas e aparicións sorprendentes.


A participación activa dos nenos, que se convertiron en axudantes de mago, deu un toque especial á experiencia.
Proceso creativo realizado polos asistentes ó obradoiro “Un conto volto a contar”
No día de onte estivemos no baixo da Biblioteca de Caión, no Centro Sociocomunitario de Caión, cunha proposta educativa e inspiradora a un tempo. Ramón Gato convidounos nunha viaxe a través dos malabares, para coñecer os grandes nomes das persoas científicas do noso tempo. Newton, Pitágoras, Marie Curie ou Tales entre outros, foron algún dos nomes que tivemos a oportunidade de coñecer grazas ao convite de Ramón.
Unha proposta dinámica, divertida e didáctica a un tempo, na que nenas e nenos son partícipes. Unha aposta curiosa, interesante e inspiradora para a programación de verán de Caión!

O venres 28 recibimos a visita de Cris de Caldas para falarnos dunha bibliotecaria un pouco estrafalaria. Actividade de narración oral combinando álbumes infantís con distintas características para conseguir que a rapazada desfrute da narración sempre apoiada nos libros e espertar o interés pola lectura.

A bibliotecaria estrafalaria 2.0 de Cris de Caldas na BPM de Os Tilos-Teo
A biblioteca municipal de Muros saleu a rúa para facer unha festa con Paco Nogueiras.
Nin a choiva impideu que cantaramos, b.ailaramos e disfrutaramos da tarde

O pasado xoves demos por pechado o curso escolar entregando os premios dos certames de narración e debuxo, tanto o das “Letras Galegas” como o “Xermadeando”. Para poñer broche a unha tarde magnífica acompañounos Charo Pita facendo unha contada do seu “A cabeza a paxaros”. Reiterar os nosos parabéns a todas as persoas premiadas e desexarvos unhas ben merecidas vacacións de verán!



Sole Felloza na súa sesión Estrela, preséntanos a Olliño, un olláparo comelibros que é a nova mascota da Biblioteca Municipal de Vilalba. Foi elixida por concurso e feita marioneta pola compañía de teatro Kukas, nesta nesta sesión coñécemos a súa historia. Unha tarde de gozo, para as máis de 70 persoas que desfrutamos das marabillosas historias con Sole Felloza

Nunha tarde calurosa, Paco Noguieras entusiasmou ao público infantil, coa súa actividade Extra.
Os nenos/as ( e os pais tamén) quedaron fascinados antes as cancións e o contos de esta actividade que se celebrou na BNiblioteca Municipal de Ponteareas, ante numeroso publico infantil. En Extra a actualidade convirtese en música e o temas se d onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais.
Extra invita a coñecer e a conectar co mundo e transformas a realidade en canción.
NENOS E MAIORES DISFRUTARON COAS AVENTURAS DE GARABANCIÑA E O ESQUÍO, UN CONTACONTOS ACOMPAÑADO DE TÍTERES E MÚSICA.


Séguenos