Letras Galegas na Biblioteca de Cenlle


Na mañá de onte @s usuari@s da Bibliteca de Cenlle aprenderon a debuxar letras da man de Alba Farto.




Para celebrar que chegou o verán e, con el, as tan esperadas vacacións escolares, a biblioteca municipal convidou a todas as crianzas de Brión a participar nun espectáculo musical a cargo de Paco Nogueiras. Un artista que conxuga a súa paixón pola música coa habilidade para conectar co público máis novo. Ler máis →
Na Biblioteca Pública de Taboada.
Día 21 de xuño.
Gran participación dos nenos/as deste Concello coa maxia do mago Joshua Kenneth.

Na Biblioteca Pública de Taboada.
Gran participación dos nenos/as deste Concello coa maxia do mago Joshua Kenneth
A pasada fin de semana, a biblioteca transformouse no escenario dunha emocionante aventura coa realización dunha escape room titulada “Segredos na Biblioteca”.
“Segredos na Biblioteca” non foi unha escape room común e corrente. Desde o momento en que os participantes cruzaron a porta da biblioteca, atopáronse inmersos nun ambiente cheo de misterio e desafío. Os andeis repletos de libros, convertéronse no campo de xogo para desentrañar segredos e resolver enigmas.
Os equipos, tiveron que traballar xuntos para descubrir as pistas escondidas entre os libros. Cada pista atopada achegábaos un pouco máis ao obxectivo final, pero tamén os enfrontaba a novos retos que requirían creatividade, lóxica e, sobre todo, cooperación.
Vémonos na próxima aventura na biblioteca de Barro!
Obradoiro de Stop motion
Data e hora: 10/08/2024. Ás 12:00
Destinatarios: Nenos, nenas e mocidade
Non esquezan seguirnos nas nosas redes sociais para estar ao tanto de próximos eventos e actividades.

O pasado venres, 21 de xuño de 2024, Moc Moc MeRe Clown (David Merelas Figueroa) visitou Vilar de Santos, co seu espectáculo “MeRe-cidamente”.
Pasamos unha tarde moi divertida e amena con esta actividade que contou cunha gran participación e moi boa acollida por parte dos asistentes.
Sen dúbida moi recomendable.



ISEO A MOURA, estivo na Biblioteca Municipal de Alfoz o día 22 cun contacontos “Se as árbores falaran”. Iseo utiliza a música para tratar un tema moi importante: os incendios nos nosos montes. Axudada pola súa voz, Iseo conta como Flora e seu pai axudan as árbores a protexerse do lume.

Leo, un león moi inquieto, enseñoulles os mais pequenos o bonito que é a música e a dar os priemiros pasos nela.

Cancioneiro tradicional, musica e baile para apren
der mais da nosa cultura e ond epequenos e maiores disfrutaron da actividade.


Séguenos