Animaladas. III Feira da Culutura EnCaMiño



Contacontos con Obradoiro de Ciencia Divertida en A MEZQUITA
Realización dun contacontos no que dende a comedia e a interacción co público, facemos un achegamento as persoas participantes ao mundo da ciencia e a relevancia da figura da muller neste ámbito a través do tempo.
Tralo conto, realízase un obradoiro de ciencia divertida, no que as crianzas pasan a converterse en pequenas científicas elaborando as súas propias masas máxicas que levarán como agasallo ao rematar a actividade. Estivo moi ameno e os nenos quedaron encantados



Desenvolta dentro da programación da feira do libro de Carballo, A PLIC, a súa narración oral con acompañamento musical fixo as delicias dos máis cativos. As notas do seu acordeón agradaron a adultos e nenos que desfrutaron moito.
Todos remataron con gañas de mais.


O pasado sábado o artista Pakolas estivo en Rodiño (Boqueixón) contando e cantando a historia de Ramona Órbita que viaxa na máquina do tempo para procurar un mundo máis ecolóxico.
Moita diversión e participación do público co seu estilo rockeiro !!!


Onte 16 de xullo tivo lugar en Riós, a actividade de promoción da lectura: A nena que sabía falar cos animais, prevista dentro do programa Ler Conta Moito 2024.
A esta actividade asistiron os nenos e nenas do noso concello que participan doutras actividades, pero tamén desta en particular. Foi moi amena e interesante.
O luns 15 de xullo, no exterior da biblioteca acolleu unha sesión de contacontos protagonizada por Uxía, quen atopou un barco pirata no seu garabato. Xuntos, os participantes navegaron cara á illa Salgada en busca do tesouro de Pitimini. A imaxinación e a participación activa dos asistentes fixeron desta aventura un evento cheo de enredos e risas.


Foi unha xornada máxica que fomentou a creatividade e a lectura entre os máis pequenos.
Magnífico obradoiro foi o que puidemos gozar da man de María José de PeixeSapop, quen nos permitiu coñecer un pouco máis a artesanía da encadernación xaponesa.
Magnífica participación cunha gran implicación por parte da promotora da mesma que se adaptou amplamente ao grupo.
Obradoiro de arte urbano “Se a miña avoa tivese rodas”, unha dinámica para nenos e nenas de a partir de 4 anos que nos permitiu crear unha idealización de avoa moi especial: astrónoma, astronauta…
A semana pasada os nenos de O Pino puideron gozar dunha nova actividade chamada “Caixa, caixiña, caixón”. Andamiaxe Innova presentoulles unha proposta que conecta un contacontos cun obradoiro para descubrir as mil e unha historias anónimas olvidadas nun caixón así como os diferentes formatos nos que as podemos ilustrar, dende unha caixa de cartón ata unha caixa de papel.




Séguenos