A Biblioteca Municipal de Ferrol e Lucía Jares

Escribindo …

Escribindo …
A tarde do xoves 13 de xuño na Baiblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas pasamos unha tarde divertida co Mago Paco e o su espectáculo ” unha maxia diferente”, na que a través de xogos de maxia traballou as diferencias humanas como un punto de partida na que vernos reflexados.



O 13 de xuño visitounos Marisa Irimia con varios varios contos de magos,nen@s e maiores pasamos unha tarde moi divertida.




Na biblioteca Municipal Isidro Novo de Lugo, recibimos a Paula Carballeira co seu espectáculo “Tres Irmás, tres camiños e tres grandes perigos”. Un contacontos no que a interpretación de Paula é a protagonista, conseguindo atraer a atención tanto dos nenos e nenas asistentes, como dos seus pais. Moi recomendable!



Paco Nogueiras estivo na tarde de entrega de premios da biblioteca Municipal e logrou crear un clima moi festeiro e participativo de toodo o público,infantil e adulto.Foi unha tarde de música,bonitas letras ,bromas,xogos etc que gustaría repetir.
Co seu espectáculo Quiquiriquí! Raquel Crespo fíxonos desfrutar dunha tarde chea de contos.

A cativada achegouse onte en Bueu aos contos a través da maxia. Foi da man da actividade “Contamaxias” do Mago Paco. Un espectáculo moi divertido do que gozou o público infantil e familiar na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

O martes 11 de xuño ás 18:00h. o CL Pintor de Castinande contou coa presencia de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa e dramaturga.
O seu espectáculo, chamado “ESTRELAS”, está cheo dun montón de historias baseadas na narrración oral galega. “Estrelas” “é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena. Pasamos unha tarde estupenda.

A biblioteca de Mugardos descubriu o luns á tarde que a vila está chea de mulleres talentosas con moita creatividade! E foi no obradoiro “Iluminadoras”, da man de Natalia de MujerArt, no que, logo dunha primeira parte didáctica sobre a figura das iluminadoras medievais, levaron a cabo un obradoiro de modelado de arxila na que elaboraron cadanseu candeeiro. Unha actividade que orientamos a un público de +65 cun resultado máis que satisfactorio!
Hoxe tivemos a sorte de escoitar os contos que nos tiña preparados Anxo Moure e ata demos un pequeno paseo pola praza da igrexa do noso pobo na súa ciclobiblioteca! A rapazada pasouno xenial entre contos, risas e moita música!






Séguenos