Onde viven os monstros con Carmen Domech
Actividade realizada na Biblioteca de O Barco de Valdeorras o día 23 de abril do 2024 as 19:00H.





Actividade realizada na Biblioteca de O Barco de Valdeorras o día 23 de abril do 2024 as 19:00H.





O martes 23 de abril celebramos o día do libro na biblioteca municipal de Ponteceso. Veunos a visitar Faifá, unha ratiña de Lonxedetodo, que nos deleitou cuns contos para os nosos pequenos lectores. Contounos a historia do monstro de cores , entre outras, os pequenos cantaron e bailaron a canda a ratiña, pasando así unha agradable tarde na biblioteca.

Onte desfrutamos moito coa representación de “O traxe novo do rei” de Tarabelos. Moi boa representación do clásico de H.C. Andersen e magníficos títeres.


O pasado mércores 24, os nen@s, e no tan nenos, pasámolo en grande con Esteban Acuña e o Novo traxe do rei. Fabulosa e divertida adaptación do conto de Hans Christian Andersen.
Motas gracias Esteban e ao público asistente!!!


O martes 23 de abril tivemos connosco a Raquel Queizás para festexar o Día do Libro!
Raquel trouxo o seu espectáculo “A Orixe”, que fixo as delicias tanto de grandes coma cativos, e máis de un voluntario rematou no chan 😉

Foi unha sesión moi amena e divertida, e tamén moi participativa, xa que cantamos, bailamos e algúns papás e mamás foron voluntarios para axudar a Raquel no seu conto de animais.
Ó rematar, os pequenos quixeron tocar e preguntar a Raquel polos seus “artefactos” e mesmo sacar fotos.
Moitas grazas Raquel por unha tarde moi divertida para festexar unha data tan especial.

Charo Pita veu contar á Axencia de Lectura de Esteiro, Biblioteca Municipal de Muros, para celebrar o día do libro. Trouxo contos para contar e para cantar, un estupendo espectáculo para nenos e adultos


En colaboración co CEIP de Quiroga, celebramos o Día do Libro co espectáculo ” A Maga Sargantana” a cargo de “Los últimos teatro”. A través do conto e da maxia nenos e nenas convertéronse en protagonistas. Un pracer acoller nas nosas instalacións esta actividade e contar co apoio do CEIP .

Onte , día do libro, recibimos na biblioteca de Monterroso á contacontos Raquel Crespo coa actividade : “Quiquiriquí”.¡Non hai mellor cousa que os contos para celebrar este día!
En Meis celebramos o Día do Libro coñecendo o que en realidade acontenceu na vila de Hamelín da man de Moc Moc Mere Clow.
Un espectáculo moi intrigante e animado, e con moi boa interacción e participación por parte do público. Unha tarde de moita risa.




OQO Editora visitou a ALM de Dumbría co actividade Coas mans na masa.
Nesta actividade, partindo do conto de Maruxa, e tendo como fío condutor a elaboración da masa do pan, traballaronse contidos relacionados coa igualdade, coas diferencias de xénero, a educación en valores e diferentes aspectos e técnicas artísticas.
Un obradoiro de manualidades do máis entretido!



Séguenos