23/10/2025	
				Día 21 de outubro de 2025 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Coma en anteriores edicións, convidamos a pais, nais, avós, avoas, profesoras e bebés a visitar a sala infantil da biblioteca para coñecer a sala infantil, nomeadamente a sección Bebeteca. Ademais, Patricia a través da actividade Contacontos sensorial achegounos ás sensacións que sons, colores, olores e tacto provocan en nós e en contacto cos nosos bebés.
Ademais de xogar coa nosa voz, aproveitamos para, xuntos, ver e tocar diferentes obxectos, para SENTILOS.

Podemos xogar coa nosa voz modulándoa para contar un conto.
Rematamos co sentido do olfacto, co que rimos un pouco bastante.
Cantamos, bailamos, rimos, pero sobre todo sentimos.
Rematada a sesión sensorial, xogamos cos libros da biblioteca para coñecelos e recoñecer que hai que podemos levar para a casa ademais da idea de xogar cos nosos sentidos e cos dos bebés, sabendo que na casa (coñecendo as súas preferencias, alerxias e intolerancias) ademais de coa vista, o ouvido, o tacto e o olfacto, podemos xogar co sentido do gusto, ofrecéndolles sabores novos e con diferentes. Os materiais para bebés que temos na biblioteca poden consultarse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca].
	
								
			 
			
	        
Séguenos