Amencer no bosque da Biblioteca Pública Municipal de Moeche
Animado e moi plástico espectáculo musical, estupendamente levado a cabo por “2plicas”, que fixo as delicias de crianzas e persoas maiores asistentes.
Animado e moi plástico espectáculo musical, estupendamente levado a cabo por “2plicas”, que fixo as delicias de crianzas e persoas maiores asistentes.
Os nenos e nenas e as familias do Punto de Atención á Infancia de Carballedo tiveron unha Festa de Fin de Curso moi especial na que disfrutaron a través dos sentidos coa contada de Patricia Martínez.


O xoves 31 de xullo o alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) do concello da Baña puido desfrutar do espectáculo Contamúsicas. Raquel de Ana e Nando Llera fixeron desfrutar aos bebés (0 a 3 anos) da narración de contos mesturada con música en directo. Como colofón pintada dun mural onde a cativada desfrutou desta actividade ao aire libre.

Hoxe venres os máis cativos de Covelo disfrutaron da imaxinación e dos contos de Dori coa que participaron e pasaron unha sesión moi divertida. Tamén estiveron acompañados da rapaciada do campamento de verán e das nais e pais que se acercaron ata o auditorio da biblioteca de Covelo.


O pasado día 9 de xullo visitou Cedeira Caxoto (A Trastenda dos Contos) co espectáculo Levántate Xan!!! 
O pasado día 25 pasamos unha tarde estupenda acompañados dos CantaContos de Tania Justo. A cativada estivo moi atenta e participativa, mergullándose nas diferentes historias e melodías, a través dos contos da editorial Kalandraka. As nais e pais tamén o pasaron en grande.


Da cabeza aos pés con Charo Pita para as máis pequenas e pequenos. O 19 de xuño de 2025 na Biblioteca de Corcubión. As crianzas da Gardería puideron acudir a unha sesión de contacontos destinada para a súa idade. Descubriron moitas cousas: como se moven os animais, cantigas,…Quedaron abraiad@s!

O pasado venres tivemos un contacontos sensorial a cargo de Eduvia Xestión, Cultura e Lecer. Un grupo de nenos entre 1 e 2 anos acompañados dun adulto cantaron, tocaron e manipularon todo tipo de obxectos facendo da súa primeira visita á biblioteca toda unha festa.

Este xoves, 12 de xuño, tivemos o pracer de recibir na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Atenea García, de Xarope Tulú, co seu espectáculo “Bichocas”, unha selección de contos destinada aos nenos e nenas máis pequenos no que a narración se acompaña de monicreques, cancións e moitas risas!


Nuno e Nona, dúas ras que acompañan a Raquel Queizás nas súas actuacións, estiveron en Carral estimulando aos bebés que se achegaron á Biblioteca.
Foi unha sesión con algún conto clásico, con música, con movemento e tamén con diversión.



Séguenos