Levántate Xan!!! con Caxoto
O pasado día 9 de xullo visitou Cedeira Caxoto (A Trastenda dos Contos) co espectáculo Levántate Xan!!! 
O pasado día 9 de xullo visitou Cedeira Caxoto (A Trastenda dos Contos) co espectáculo Levántate Xan!!! 
O pasado día 25 pasamos unha tarde estupenda acompañados dos CantaContos de Tania Justo. A cativada estivo moi atenta e participativa, mergullándose nas diferentes historias e melodías, a través dos contos da editorial Kalandraka. As nais e pais tamén o pasaron en grande.


Da cabeza aos pés con Charo Pita para as máis pequenas e pequenos. O 19 de xuño de 2025 na Biblioteca de Corcubión. As crianzas da Gardería puideron acudir a unha sesión de contacontos destinada para a súa idade. Descubriron moitas cousas: como se moven os animais, cantigas,…Quedaron abraiad@s!

O pasado venres tivemos un contacontos sensorial a cargo de Eduvia Xestión, Cultura e Lecer. Un grupo de nenos entre 1 e 2 anos acompañados dun adulto cantaron, tocaron e manipularon todo tipo de obxectos facendo da súa primeira visita á biblioteca toda unha festa.

Este xoves, 12 de xuño, tivemos o pracer de recibir na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Atenea García, de Xarope Tulú, co seu espectáculo “Bichocas”, unha selección de contos destinada aos nenos e nenas máis pequenos no que a narración se acompaña de monicreques, cancións e moitas risas!


Nuno e Nona, dúas ras que acompañan a Raquel Queizás nas súas actuacións, estiveron en Carral estimulando aos bebés que se achegaron á Biblioteca.
Foi unha sesión con algún conto clásico, con música, con movemento e tamén con diversión.

Hoxe, venres día 6 de xuño, recibimos a visita de Felipe Díaz “Caxoto” na Biblioteca Municipal da Estrada, co seu espectáculo «Levántate, Xan!!!», para bebés de cero a tres anos. Co seu característico estilo cautivou aos usuarios máis pequenos (e tamén aos maiores), que gozaron coma porquiños na lama coas súas cancións e co desfile das distintas personaxes que habitan a granxa de Xan.


O venres 23 de maio tivemos a actuación do grupo “Tilintilonia” na nosa biblioteca. Foi marabilloso! As familias gozaron coa representación da actividade “O baúl da tía Tola”. Facendo biblioteca!



A cabra Chiña guiou aos pequenos polo mundo das emocións a través de contos, xogos, música e unha estética colorida e estimulante.
A Biblioteca Municipal de Fene festexou o Día das Letras Galegas 2025 cun espectáculo adicado aos máis pequenos da casa, “Güe, güe”, de Barriga Verde. Os nenos e as nenas que viron a actuación, ademáis de pasar unha boa tarde en compaña dos monicreques adquiriron hábitos saúdables, como merendar as froitas da cesta da compra da avoa de Güe-güe.



Séguenos