Venres máxico na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño
O pasado venres, día 30 de agosto, tivemos unha visita máxica na biblioteca. Os cativos pasárono moi ben cos trucos e contos do Mago Paco e, algúns personaxes, como o Capitán Calabrote e unha serpe moi particular que aparecía e desaparecía sempre que lle daba a gana. Quedaron abraiados co truco das madalenas e, tamén, porque despois o mago vendeu cada unha a 5 euros. Isto é un escándalo!!!
En resumo, o Mago Paco sabe conquistar aos máis pequenos e aprecianse as súas táboas no escenario.











Os nenos/as e as súas familias disfrutaron dunha actividade na Festa de Fin de Curso do Punto de Atención á Infancia. A través das aventuras de Dori os bebes experimentaron cos sentidos, coa música e os efectos luminosos nunha sesión moi divertida de contacontos.











Séguenos