Sole Felloza na Biblioteca de Portonovo


Os nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade desfrutaron dos contacontos de animales da man de A.C. Os Carballiños na Biblioteca Pública de Cerdedo. Risas, emoción e moita diversión



Unha sesión de contos para conmemorar a Semana das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Lourenzá ” Juana de Ibarbourou”, onde @s asistentes desfrutaron e participaron activamente.
Contacontos sobre as distintas variantes que pode ter unha historia
e que rematou cun obradoiro moi entretido . 

O pasado venres, día 10 de maio, a artista Cris de Caldas visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo A bibliotecaria estrafalaria, no cal nos relata cun ritmo trepidante e divertidísimo unha selección de contos do máis rocambolescos e estrafalarios.


Este luns, 13 de maio, levouse a cabo a actuación de Polo correo do vento en Santiso, para homenaxear a Luísa Villalta coa obra “Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta” Foi unha mañá moi entretida e interesante gracias a estes grandes artistas. Pasamolo xenial.

Na biblioteca de Foz, pola celebración do día do Libro, pasamos unha tarde moi animada coas historias de Carmen Domech e os seus monstros protagonistas de tres contos.

Na biblioteca de Foz pasamos unha mañá moi animada con Fran Campos de Bandullo Azul e a súa compañeira Filipa. Tanto pequenos e maiores, quedaron encantados coas historias filipantes e os contos musicados desta parella tan divertida. A biblioteca encheuse de risas, alegría e diversión.
Moi boa promoción da biblioteca e da lectura por parte de Fran Campos, quen fixo mención da gran labor das bibliotecas e dos libros tanto ao principio do contacontos como no transcurso da actividade.

Comenzaron os martes animados na biblioteca municipal de Cabana de Bergantiños con contos para a igualdade onde pasamos unha tarde moi divertida.

Este venres tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Poio unha visita moi especial, a de Charo Pita.
Contos para bebés, moitas cancións…


Séguenos