Cambre ‘Conta e canta’

A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.

A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.
O venres 8 de setembro recibimos a visita dos Ratos de Lonxedetodo, que contaron as súas investigacións sobre outros animais que viven arredor e aproveitaron para contarnos algúns contos que teñen a estes animais como protagonistas. Espectáculo que combina narración, música e moita diversión.

O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, levando a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa e algún susto como elemento principal para sorprender ao público asistente.
.
O venres 1 de setembro, visitounos Carmen Domech para presentarnos os espectáculo “Onde viven os monstros”. Baseado na obra de Sendak, Carmen fixo un repaso a obras con monstros como protagonistas, mesturando narración oral con títeres. Así, ademais do conto que da título a este espectáculo, aprendimos qué monstros hai dentro dos alimentos ou como coñecer os sentimentos e emocións coa axuda do monstro de cores

Unha divertida granxa cun galo en apuros. Rimas e cancións no relato.

Relatos sobre a diversidade na vida cotiá. Estimulantes historias maxistralmente narradas.

Na Praia Fluvial de Tapia, que mellor escenario, gozamos co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa na busca do mellor chocolate. Ademais despois o público elaborou os seus propios petiscos de chocolate. Que ben o pasamos!
![]()
Que ben o pasamos hoxe con #RaquelQueizás e os seus contos. Os rapaces e maiores desfrutanron no xardín da nosa biblioteca, un lugar privilexiado para escoitar e ler.
O Mago David Méndez fixo un espectáculo de máxia a través do cal fixo sensibilización en igualdade de xénero.
Hove tivemos contacontos na Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera”
Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas. Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.
Mirade que ven o pasamos!!
Achegaronse a nosa biblioteca os nenos e nenas que están a participar no Concilia 2023 e tamén un grupiño de usuarios e usuarias de Centro de Día Casa Capataz.
Moitas gracias por vires a todos e a todas!!



Séguenos