“A GALIÑA DOS OVOS DE CONTO” na Biblioteca Municipal de Carballedo


Os rapaces e rapazas de Carballedo pasaron unha tarde moi divertida cos contos da galiña Rosiña…


Os rapaces e rapazas de Carballedo pasaron unha tarde moi divertida cos contos da galiña Rosiña…
Día 3 de agosto de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Chegou agosto e chegaron as festas. E na biblioteca quixemos deixar pegada! Fixémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos que despertou a nosa creatividade con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Anxo, de Menos dá unha pedra
o 3 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Costou un pouco facer caso das instruccións, pero finalmente conseguimos obter un resultado digno de enmarcar e colgar na parede.
Os pasos básicos eran: cada dedo cunha cor, mollar un pouco a punta do dedo, secar na esponxa o exceso de pintura, e deixar a nosa pegada no papel,…

Despois de que secara, o que fixemos foi practicar a crear personaxes (gatos, ratos, elefantes, monstros,…); usando un rotulador engadimos detalles coma ollos, orellas, patas,…

Cando practicamos varias veces, pasamos ó tema serio: crear unha escea! Para ela usamos un folio de cores e deixamos voar a imaxinación e valémonos das suxestións: unha piña, un dente de león, unha paisaxe,… E saíron cousas preciosas




Como non seguimos ben as instruccións, e quedaron moi cargados de pintura, os debuxos tivemos que poñelos a secar nunha mesa para podelos levar para a casa.
Pero o máis importante é que descubrimos o valor da nosa pegada e aprendemos a usar os nosos dedos para crear arte.
Este mércores 1 de Agosto ás 11.30 deu comezo a programación das actividades de verán da Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. A realización da actividade correu a cargo de Marisa Irimia, que fixo desfrutar coas súas historias aos rapaces e rapazas que se achegaron á Biblioteca.
Este ciclo de actividades é una iniciativa do Concello de Salvaterra en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia e ten como obxetivo a dinamización e fomento da lectura.


O domingo 22 Paco Nogueiras instalou o seu estudo de radio nas Pontes. Os nenos e nenas da biblitoeca bailaron ao ritmo das cancións de Radio Bule Bule, participaron nos seus concursos e cantaron con Paco. Pasámolo estupendamente.

O pasado sábado 21 Gloria Mosquera e Diego Maceiras visitaron a nosa biblioteca das Pontes. Cociñáronnos una morea de historias saborosas e musicais que nos prestaron moito. Moitas grazas por agasallarnos cos vosos Contos para un mundo mellor

Moi ben o pasamos o pasado mércores na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Tarabelos e o seu espectáculo “Fábulas”. Utilizando máscaras de animais, o público é en realidade o contador dunha chea historias que falan de raposos intelixentes, ratiños intrépidos, tartarugas lentas pero seguras… e outros moitos personaxes tirados de fábulas de Esopo, Samaniego ou Fedro. Fábulas é unha sesión de contacontos teatralizada na que o público xoga un papel imprescindible. Divertidísima, interactiva e altamente recomendable.


Onte venres 20 Elefante Elegante visitou As Pontes co seu contacontos Lobo Bobo. Os rapaces e rapazas pontesas pasarono estupendo cos seus contos
Chegan a biblioteca 0s teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos…, para contar as suas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos…., para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro. Había unha barca máxica para ir ao bosque dos contos e con eles a pastora de nubes, o señor escocés, a monitora irlandesa, o lobo número 1 e número 2, a pastora das ovellas, unha barqueirinha, etc. Anxo ensinou aos nenos moitos contos, cancións e viaxes polo mundo das árbores. Foi un percorrido máxico pola natureza e os seres marabillosos que a habitan.



Os nenos e nenas de Fontiñas desfrutaron este mércores 11 de Xullo nos exteriores do centro cívico , cos contos que trouxo Anxo Moure e o seu “Carballo con botas”, actuación correspondente ao programa de Ler Conta Moito.
A través das súas historias os nenos e nenas descubriron aspectos das árbores e a naturaleza, dentro dun entorno privilexiado como é o nosos parques en Fontiñas.
A actuación durou ó redor dunha hora, entre risas e xogos,cantaron, bailaron, nenos e nenas dos campamentos de verán dos centros cívicos de Fontiñas, Ensanche, Vite,Conxo e Santa Marta.
A actividade foi de gran entretemento para os cativos, onde Anxo con esas vestimentas tan divertidas, e co seu saber contar…fixo unha boa labor didáctica sobre como coidar a natureza….
Volve pronto……
O sábado, 16 de xuño, Elefante Elegante presentounos o seu Lobo Bobo, unha proposta moi interesante e que lles gustou moito os asistentes.
Imaxinádevos como cambiaría a historia dun clásico como é Carapuchiña Vermella, tan so cunha pequena modificación, como por exemplo, que o lobo feroz se fixese vexetariano. Da que pensar… Pois esta é a proposta de Gonçalo Guerreiro con outros contos de sempre.


Séguenos