Concerto homenaxe a María Victoria Moreno- Xardín Desordenado en Ares
Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………


Una xornada chea de música e poesía en Ares.
Cancións e narracións nun combinado perfecto…………



O pasado xoves, 14 de xuño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo Paxariños de TrinkeTrinke Teatro. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.

Sarabela Teatro estivo na Biblioteca de Cabana de Bergantiños coa actividade Isto non é unha caixa , actividade na que os nenos participaron cantando , con mímica e poñendo a funcionar a súa imaxinación
Onte tivemos unha visita moi especial e divertida na Biblioteca Municipal de Fene e pasámolo moi ben, xa que gozamos da compañía e da actuación do gran Mago Paco coa súa actividade Maxia divertida 2.0, donde presentou aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e aos seus pais, nais e avós unha morea de contos e historias a través de xogos e de maxia, levándoos a descubrir a “maxia divertida” que esconden as narracións.
O Mago Paco tívonos moi entretidos durante todo a actuación, sacounos unha chea de risas e fixo aos máis pequenos partícipes das súas historias, xogos e maxia. Unha gran elección a actuación do Mago Paco para celebrar que pronto remata o colexio para os pequenos.
Grazas ao Mago Paco por facernos pasar unha tarde moi divertida e por ensinarnos trucos e xogos de maxia!!




Antón e Tomasa cociñaron unha bonita história e fixeron unhas madalenas que compartiron con todos os usuarios
Para celebrar as Letras Galegas, visitou a nosa BPM do Grilo-Cacheiras Xarope Tulú con “María e os ollos alabarados” . Tomando como base textos e relatos de Maria Victoria Moreno desfrutamos dunha tarde de contos e anécdotas da homenaxeada neste ano.

Teatro Calavera achegou ata a Axencia Municipal de Lectura de San Vicente un espectáulo sobre as aventuras do Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa.

Para finalizar, a rapazada asistente, elaborou unha riquísima brocheta de froitas con chocolate.

O día 16 de maio tivemos na nosa biblioteca “Xosé Cardeso Liñares” á ratiña de biblioteca Lilí Gruyere. Contouno que ela e a súa avoa plantaron xuntas unha maceira, hai moitos anos. Cada vez que come unha mazá, lémbrase da súa avoa. O conto Avós, da pé para mostrar aos nenos o respeto aos maiores. Lilí Gruyere tamén nos puxo a música que lle gostaba a súa avoa. Os nenos desfrutaron dun contaconto moi entrañable ao cargo da compañía Trinketrinke.

O pasado mércores 16 de maio na biblioteca municipal de Poio gozamos, con Marta Ortíz, dos Contos da Festa no faiado, onde grandes e pequenos coñeceron un pouco máis a María Victoria Moreno, e da man de Uxía e Gato viviron historias cheas de imaxinación e maxia.



Na Biblioteca Pública Municipal de Poio celebramos o Día do Libro aprendendo con Estefanía Padullés a converter as nosas historias nun álbum ilustrado. Primeiro os nenos e nenas escoitaron a historia dun galo que tiña que espertar ao sol e debuxaron unha chea de animaís e lugares para inspirarse, e remataron a tarde creando os seus propios personaxes e ilustrando a súa propia historia.




Séguenos