Contacontos : Cambio e conto
Este venres 19 de setembro, no Pazo de Ferreirós, tivemos un contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás.
Este venres 19 de setembro, no Pazo de Ferreirós, tivemos un contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás.
O pasado Venres 19 de Setembro tivemos con nós a FRAN REI de CULTURACTIVA que nos trouxo “O CONTO DE BARRIGA VERDE” de Manuel María, un espectáculo co que quixemos conmemorar a chegada do Equinoccio de Outono e o inicio do Curso Escolar 2025/2026.
FRAN REI presentou este novo espectáculo unipersoal no que mestura narración oral, humor e maxia: “O conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González. a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela) pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2016.
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
Asistiron a esta actividade os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos…
O pasado venres, tivemos o gato Fazulas na Biblio!! Unha tarde moi gatuna da man de Bandullo Azul.
Escoitar un conto é darlle á cachola e viaxar a outros mundos. Sorprenderse tamén.
Este espectáculo fala do mundo animal, que tanto lle presta ás nenas e nenos.

Unha xirafa que rompe o tellado polo seu inmeso pescozo, a vaca Lola, un can que sopra un globo…
Un xeito de contar historias moi didáctico e que promove a participación constante do público.
Está orientado para a rapazada ata os dez anos.

A nosa biblioteca transformouse e nun lugar cheo de maxia e ilusión. Un misterioso personaxe encargouse de guiar aos nenos e nenas de maneira maxistral a atopar os segredos agochados nos andeis.
Nesta viaxe especial, atoparon escenas de fantasía, contos sorprendentes, poesía, música, ciencia… Todo mesturado para ofrecer emoción, misterio e moita diversión.
Os libros converteronse en auténticos tesouros que da man de Frumario O blibliotecario fixeron voar a imaxinación dos participantes.
Porque todo isto, e moito máis, está máis preto do que pensamos: na nosa biblioteca, un lugar onde todo pode acontecer

O venres 29, visitou a nosa biblioteca Charo Pita. Con ela fixemos un repaso ás partes do corpo a través de historias e contos con princesas, bruxas, reis e outros personaxes.



Unha mañá máxica coa mestra das historias!
O sábado día 9 de agosto vivimos unha xornada inesquecible na Biblioteca de Barro coa contacontos Charo Pita. Máis dunha vintena de veciños e veciñas, maiores e pequenos, gozaron dunha sesión chea de imaxinación, humor e emocións que nos fixo viaxar por contos arredor do corpo.
Dende o primeiro ata o último momento, todos e todas quedamos atrapados polas súas palabras e personaxes.
Se queredes ler moitos dos contos que nos contou Charo Pita, podedes pasar pola biblioteca de luns a venres (horario de verán).


,
Animado e moi plástico espectáculo musical, estupendamente levado a cabo por “2plicas”, que fixo as delicias de crianzas e persoas maiores asistentes.
Os nenos e nenas e as familias do Punto de Atención á Infancia de Carballedo tiveron unha Festa de Fin de Curso moi especial na que disfrutaron a través dos sentidos coa contada de Patricia Martínez.



Séguenos