CONTAMÚSICAS NA BIBLIOTECA RIALEDA (OLEIROS)

Actividade de narración, o conto foi O pequeno cavernícola de Julia Donaldson, mesturado con música e algúns efectos como fume ou pombas de xabrón.
O público asistente disfrutou moito da actuación.

Actividade de narración, o conto foi O pequeno cavernícola de Julia Donaldson, mesturado con música e algúns efectos como fume ou pombas de xabrón.
O público asistente disfrutou moito da actuación.

O día 1 de outubro visitounos Betty Queiro coa súa actividade Podes atopar o teu camiño. You can find your way.
Nela cantou e contou unha historia en galego e en inglés, acompañada por Carmen no teclado, na que se puxo en valor a colaboración e se fomentou a creatividade da rapazada.
Onte día 30 de setembro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, “A Fada Diana” da man de Ariadna Santana. Cun gran despregamento escénico, foron aparecendo personaxes en forma de animais, cunha temática baseada no reciclaxe e a fada diana liderando unha aventura como auténtica salvadora do mundo, acompañada de baile e canticos que fixeron gozar aos usuarios que participaron nalgúns dos contos.


O venres 26 tivemos a visita das autoras do álbum ilistrado Monstr3s, que explicaron todos os pasos que hai que dar para facer un libro, cómo facer as ilustracións, cantas persoas fan falta para que o libro chegue ás nosas mans… E por suposto puidemos coñecer a historia que contén Monstr3s.

O mércores 24, tivemos na biblioteca de Bertamiráns a Caxoto co espectáculo “Grandes Éxitos 2004 – 2024”, unha actividade onde estivo presente a narración oral e a música. Foi moi divertido ver como tocaba e facía son con distintos instrumentos, moitos deles descoñecidos polos cativos que en todo momentos estiveron atentos e participativos.
O xoves 25, tivemos a sorte de poder gozar das historias e pócimas que a Alquimista nos trouxo ata a Bibliteca do Milladoiro, os cativos estiveron en todo momento moi atentos e participativos.

María Lado achegouse ás Pontes para contarnos cousas arredor do mundo das cantareiras e das Letras Galegas. Ademais de explicarnos como construiu o seu libro sobre este tema, charlamos da importancia da trasmisión oral, da cultura tradicional e de literatura. Moitas grazas, María.
As nenas e nenos da Biblioteca Rialeda disfrutaron dunha tarde de monicreques coa actuación de María Larraitz, cos contos do demo e dos outros protagonistas do teatrillo.

O martes, 23 de setembro, tivemos o pracer de recibir en Oleiros a Dani Blanco que enfeitizou ao seu público con equilibrios imposibles, malabarismos, contos sobre gatos lambóns e sobre todo moito humor.

Caxoto presentou na Biblioteca de Carral un fermoso conto. Levántate Xan!!! cautivou aos pequenos (de 0 a 3 anos), que gozaron dos animaliños da granxa de Xan.
Foi un fermoso inicio de curso das actividades da nosa Biblioteca.



Séguenos