De catro a catro historias no mar
Moi boa asistencia de cativos acompañados dalgún maior, quedaron abraiados coa historia do vello mariñeiro acompañado de sombras, unha acitividade recomendada.
Moi boa asistencia de cativos acompañados dalgún maior, quedaron abraiados coa historia do vello mariñeiro acompañado de sombras, unha acitividade recomendada.

O día 5 de Outubro tivemos na nosa biblioteca a Charo Pita, coa súa actividade Dondondirindonga e Dondondirindon, son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?
Vai contando a historia con distintos libros, instrumentos, e sons os nen@s estaban encantados. Gustou moito.

O venres 5 de outubro, a Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, tivo nas súas instalacións, por unhas horas un Museo Científico!!. Distribuidos en tres mesas, foron pasando por elas para poder desfrutar de máis de 20 obxetos para aprender e curiosear no mundo da ciencia.

O sábado 6 de outubro emitimos desde Catoira un novo programa de radio BuleBule con Paco Nogueiras. A Biblioteca quedou pequena para acoller a numeroso público. Pequenos e maiores cantaron e bailaron coas historias e os ritmos deste divertido espectáculo, baseado no fermoso libro-cd-dvd editado por Kalandraka e con ilustracións de David Pintor.

O venres 5 de outubro quedousenos pequena a biblioteca para tanta xente que quixo desfrutar da historia dese ser imaxinario? chamado Grúfalo. Grandes e pequenos participaron desta historia e dalgunha máis da man de Pedro Brandariz. Todos quedamos con gañas de mais.


O Xoves, 4 de outubro, na ALM de Castrelo-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.
En outubro tampouco faltou a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde.
¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar.
Esta actividade, recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.
Estamos preparándonos para o Día das Bibliotecas coa sesión de Ler conta moito:
da man de Andamiaxe
Chegamos á Biblio-Restaurante e atopamos xa a mesa posta.
Posto o mantel, e sentados á mesa, tocou decoralo ó gusto porque estaba un pouco “soso”. De primeiro prato, tivemos un conto delicioso cada participante.
Gustounos moito lelo e escoller a nosa personaxe favorita.
De segundo, decoramos o noso pano coa nosa personaxe favorita. Logo dobramos o pano, e seguindo as indicacións, numeramos cada esquina. 
Baixo cada unha delas tocou ir: pegando 2 palabras/frases escollidas ó chou, escribir un nome para a nosa personaxe (non a do conto, senon a que debuxamos), poñer o que facía e finalmente o que lle pasaba.
Saíunos un conto fantástico! Cada un, orixinal e diferente.
Para rematar, a nosa “camareira” contounos o que se lle ocorrera a ela:
Os animais da selva queren abrir unha escola e escollen o que hai que aprender nela. Finalmente deciden que non foi boa idea obrigar a todos a aprender todo porque todos somos diferentes e temos diferentes habilidades.

Finalmente, como viñemos sen carteira para pagar a consumición, tivemos que pagar con tarxeta indicando cal era o noso libro favorito…
Pasámolo lambonamente ben!

O pasado xoves 4 de outubro tivemos a sorte de contar con Raquel Queizás e o seu espectáculo Raposadas.
Unha raposa narrounos contos e adiviñas acompañada por uns pequenos monicreques e ata un galo que gustou moito aos nenos e nenas que non pararon de rir e participar respondendo ás preguntas que lles facía.


Excelente actuación de Pablísmo o xoves 4 de outubro na nosa biblioteca. Gustáronnos os seus contos sobre todo tipo de animais domésticos, acompañados por música e cancións, monicreques e unha utilización maxistral da narración oral, que nos fixo rir a todas e todos.





Séguenos