Pakolas en Santiso
O venres 21 de xullo Pakolas animou a mañá cos seus contos e cancións na Axencia de Lectura de Santiso, os preto de 50 nenos e nenas estiveron moi entretidos e contentos, cantando e bailando con el.

O venres 21 de xullo Pakolas animou a mañá cos seus contos e cancións na Axencia de Lectura de Santiso, os preto de 50 nenos e nenas estiveron moi entretidos e contentos, cantando e bailando con el.



Onte, martes 18, Magín Blanco visitou As Pontes. Aproveitando o verán sacamos a biblioteca ao parque e entre libros desfrutamos da actuación do cantante co seu Letras e notas. Os nenos e nenas pontesas pasárono en grande. Cantaron, bailaron e acertaron adiviñas xogando coas letras e coa música. Grazas Magín, foi un pracer a túa visita.


Os nenos e nenas das Pontes achegáronse á biblioteca que estes días das festas patronais trasládase ao aire libre para desfrutar do Conto express de Sarabela. Grazas Nate e Flor polo ben que nolo fixéchedes pasar.
Obradoiro moi ben acollido polos rapaces participantes na actividade. Resulta interesante descubrir a gran imaxinación destes cativos.
En ” Comechíns, segundo prato” mergullaron ós rapaces nun munco imaxinario, no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.

Luís Vallecillo trouxo á ALM de Carnota un divertido repertorio de cancións-conto protagonizadas por personaxes ben coñecidos por todas as nenas e nenos: os tres porquiños, o gato Mimí, a Galiña Azul… Cantamos un conto na Biblioteca? é un espectáculo dinámico e interactivo que conxuga música e literatura.

O pasado 27 de xuño ás 17:30 a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín acolleu a actividade “Perder o medo a través da poesía”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
A actividade, orientada a nenos e nenas de 3 a 6 anos foi impartida por María Canosa, quen narra dende a perspectiva dunha nena como foi capaz de desfacerse dos seus temores a través da poesía. Así pois, a narradora, mediante a lectura de varios poemas, tratou os diversos medos aos que polo xeral se enfrontan os máis cativos e cativas para que, finalmente, poidan darse conta de que existen moitas razóns para eliminar eses receos.

O día dezasete de maio, na Biblioteca Pública Municipal de Moeche, e cunha abundante participación, tanto infantil como adulta, estupenda actuación de Cris de Caldas coa obra “A Galiña Azul e compañía”.
Risas e participación para mergullarse e profundar na figura e a obra de Carlos Casares no seu día.





“As Parábolas de Pakolas” é un espectáculo musical de pequeno formato que se adapta con facilidade ao espazo da biblioteca. Música e animais: dende os máis diminutos, como O Furafollas, ata a Quenlla, pasando por Baldomero Mero ou o pequeno Pato.
Cancións para compartir pequenos e adultos a ritmo de Rock e outros estilos, con letras axeitadas ao público infantil.
Pakolas preséntanos a súa música de maneira individual, tocando a súa guitarra e interpretando cancións sacadas dos seus propios libros, entre os que destaca A Gramola Gominola.
Paco Cerdeira, Pakolas, vai intercalando as cancións coas historias que nelas se contan, sempre cunha mensaxe final, dando lugar a fermosas “parábolas” das que podemos aprender.


Séguenos