“O TEATRO MAIS PEQUENO DO MUNDO” NA BIBLIOTECA DE “O FROXEL” Fco.A.Vidal de ARTEIXO.
O día 17 de outubro, o actor Santi Prego presentou na Biblioteca de “O Froxel” de Arteixo, un repertorio para nenos pequenos, con contos tradicionais.

O día 17 de outubro, o actor Santi Prego presentou na Biblioteca de “O Froxel” de Arteixo, un repertorio para nenos pequenos, con contos tradicionais.

Este sábado tivemos a visita de Fran Campos e a súa compañeira Filipa. Xuntos cantamos, escoitamos contos e pasámolo xenial nunha sala chea… Que máis poderiamos pedir?

O venres día 20 de outubro co motivo da celebración do Día da Biblioteca os nenos e nenas de Alfoz desfrutaron dunha sesión de contacontos e cancións tradicionais da nosa lingua, achegándose ó cancioneiro tradicional galego e así non esquecelo.


O xoves 19 de outubro, Migallas Teatro fixo as ledicias dos máis pequenos da nosa biblioteca co seu espectáculo “Os contos do chupete”. A mestura de contos tradicionais como Os tres porquiños e de cancións gustaron a grandes e pequenos, estes últimos escoitaron atentos e participaron bailando e dando palmas.
Foi unha tarde inesquecible para todos nos.

Neste obradoiro as crianzas, dirixidas pola ilustradora Minia Regos (Gargallando), crearon cadanseu libro ilustrado. Para iso utilizaron diversos tipos de materiais e plasmaron en papel, de maneira divertida, o que imaxinaron.


Sorprendente contacontos o que desfrutamos onte martes 17 de Outubro na BPM Manuel María de Oleiros da man de Carmen Domech, con libros máxicos, libros tolos, libros que cobraban vida diante de nós, mostrándonos que tiñan a súa propia personalidade.

O día 17 de outubro o público asistente viviu 75 minutos de diversión total con esta actividade que, tendo como fío condutor a maxia, mesturou contos e xogos variados nos que as crianzas tiveron unha alta participación.
O luns, 16 de outubro, na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda estivemos literalmente coas mans na masa. Despois de escoitar unha historia os rapaces e rapazas participantes neste obradoiro, puxéronse mans a obra e fixeron masa para poder crear os personaxes do mesmo.
Cando xa tiveron aos seus protagonistas procederon a darlles uns toques de cor, coa finalidade de darlles máis vida.

![]()
Podes escribir un conto só cunha única vogal? Unha pequena caixiña contén tódalas personaxes dun conto? Cal é o conto máis longo do mundo? E o máis curto? As respostas deunolas Pablísimo co seu Contiario, unha sesión de contos chea de orixinalidade e moitas risas que tivemos o pracer de ver este martes 10 de outubro na Biblioteca Manuel María de Oleiros

A Biblioteca municipal de Boqueixón acolleu o pasado venres a actividade “O mago Antón ten moito conto”A a actividade constou de dúas partes, na primeira, desenvolveuse o obradoiro no que a rapazada tivo que realizar sinxelos elementos para realizar trucos de maxia e, unha segunda parte na que o Mago Albert desenvolveu toda a súa profesionalidade contando coa colaboración dos/-as asistentes.


Séguenos