O xoves 20 de outubro tivemos a sorte de contar coa compañía Elefante Elegante na nosa biblioteca. O seu espectáculo “O xigante” fixo gozar a grandes e pequenos coa música e narración, chea de bos consellos, entre o que está o respecto á natureza.

Onte a ALM de Vilariño foi a derradeira parada de Lili Gruyère e do coelliño branco en Cambados. Tras visitar os diferentes centros culturais da vila, non puideron ter mellor despedida pois os pais e nenos acolléronos entre risas e aplausos… e non era para menos despois de terlles contado historias como a de Lucía Cotriñas ou facer sorprendentes trucos de maxia.
A sesión rematou cantando entre todos a canción de “Lonxe de todo”… ata pronto Trinke Trinke!


Onte, 19 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido coñecer á simpática Lili Gruyère e ao seu amigo e compañeiro nos trucos de maxia, o Coelliño Branco… que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!






O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..

O DÍA 18 DE OUTUBRO DE 2016 NA BIBLIOTECA DE O FROXEL “Francisco A. Vidal” – ARTEIXO.
O GAITEIRO CABEZUDO e as nais dos más cativos como percusionistas estelares, ofreceron de xeito divertido, un concerto didáctico de música tradicional coa participación do resto do público.
Tamén mostraron as características da gaita galega e dos instrumentos que a acompañaban.

Os nenos participaron tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas.
Xa se botaba de menos aos ratiños de Trinke Trinke en Cambados… e onte a ratiña Lili Gruyère visitou a ALM de Castrelo no mes das Bibliotecas.
Lili veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, e aproveitou para contarnos varias historias moi interesantes e mesmo deunos conta das súas habilidades na maxia, coa inestimable axuda do coelliño branco… por suposto!
Ata pronto Lili!

O venres, 14 de outubro, visitounos o Mago Paco, co seu espéctaculo de maxia mesturado con xogos e contos no que os nenos/as participaron continuamente.
Pasamos unha tarde moi divertida na que as gargalladas, a espontaneidade e como non o asombro dos máis picaros, fixeron a ledicia dos asistentes.

Gonçalo Guerreiro partíu do conto de Oscar Wilde para desenvolver unha historia oral con xestos e diversas músicas. Moi boa acollida en Lorbé de todos os/as asistentes, quen pasaron unha tarde magnífica.


O día 11 de outubro do 2016.
RAQUEL QUEIZÁS “CONTOS NADOS DO MAR” na Biblioteca de O Froxel.
Baixo a temática do mar, Raquel fixonos navegar polas augas máxicas dos contos. Os nenos participaron animadamente coa interpretación narrativa e divertíronse coa imaxinación dos máis cativos.


Séguenos