“APRENDENDO SOBRE BIOTECNOLOXÍA”

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada pasarono en grande exercendo de pequenos científicos no obradoiro titulado “Biotecnólogos na Biblioteca” que se celebrou onte en Carballedo.
Este luns 3 de abril, a Biblioteca Luís Rei organizou unha xornada moi especial para celebrar por partida dobre o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. Con tal motivo convidamos a rapaces dos colexios de San Tomé e Magariños amais de alumnado do colexio Mecos en colaboración con BATA e Por Dereito.
Comezamos a xornada coa lectura por parte do Concelleiro de Cultura Víctor Caamaño do manifesto a prol da lectura que este ano corre a cargo de Sergey Makhotin (traducido ao galego por Sabela González Panizo) e que estes días lerase en todas as bibliotecas públicas do país.
A continuación puidemos disfrutar das lendas e contos que Raquel Queizás puxo en escena co seu espectáculo Romaría, traéndonos a escena a tradición antiga do noso rural.
Rematamos coa visualización dunha curtametraxe moi especial “Academia de Especialistas” da Fundación Orange, que da visibilidade aos rapaces con autismo e a contianución puxémonos todos de pé para despedir a actividade cantando xuntos a través dun karaoke con pictogramas…
Achegamos algunhas fotografías que mostran o ben que o pasamos!



Biblioteca Máxica
O pasado 30 de marzo a Biblioteca Enrique Rivera Rouco nas Pontes de García Rodríguez celebrou por adiantado o Día do Libro Infantil con Payasopiruleta. Estiveron na nosa sala co seu espectáculo A biblioteca máxica: Especial Gloria Fuertes. Os nosos usuarios e usuarias pasárono moi ben cantando as cancións cos textos de Gloria, facendo teatro de sombras e desfrutando dos malabares dos artistas.

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o pasado sábado a sesión de contos e obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad. Un grupo de rapaces acudiron á actividade para aprender a contar con sombras chinescas. Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas.
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidamos a que Madame Bechamel e Signorina Bolognesa cociñasen en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaban un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

Estas dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas fixeron as delicias do público da man de Trécola Teatro.

33 nenos e moitos papás festexaron o Día do Libro Infantil na Biblioteca de Miño. Os encargados de facer pasar a todos unha boa maña de Sábado foron os xeniais compoñentes de Teatro Calavera. Grandes e pequenos disfrutaron co teatro e co doce Obradoiro de alimentación
Este venres 31 de marzo visitounos Fuco, un dos nosos amigos de Lonxedetodo, para celebrar o Día do Teatro co seu novo contacontos teatral “Os ratiños da caixa”.

Viña acompañado de tres ratiños moi trastes que fixeron as delicias de pequenos e grandes e contou moitos contos de ratos. A sesión foi estupenda, cun cheo absoluto e con moitas recomendacións de lecturas por parte de Fuco. Ademáis de divertinos, ensina valores e contaxia a súa paixón pola lectura.

Actividade absolutamente recomendable!

O 29 de marzo os/as nenos/as de Touro, recibiron a visita de Pablísimo. Chegou co Contiario cheo de contos para sorprender ós/ás máis pequenos/as.
Como se dun Bestiario se tratara, esta sesión de contacontos estrutúrase como unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo foi espertar a curiosidade polos libros, por “mergullarse” nos estantes da biblioteca e dar a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos. Apoiando a narración empregáronse franelógrafos, paneis debuxados, monicreques, música e por suposto a voz. No Contiario colleron todo tipo de contos: contos que empezaron ao revés, contos con moitos finais, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos – canción…
Sesión moi amena, participativa e chea de contido, que deixou un bo sabor de boca!


Seguimos coas actividades do programa Ler Conta Moito 2017 coa visita de Mamá Cabra e o seu espectáculo “Contos que saen dos libros”
Esta vez tocoulles aos mais pequechos de educación infantil e 1º de educación primaria do Colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun espectáculo musical moi participativo, dinámico e divertido, con música en directo de dous profesionais coma Gloria e a súa doce voz e Iago maxistral co seu acordeón.
Pasámolo moi ben !!



O pasado Luns día 27 de Marzo celebramos en BiblioPazos o DÍA MUNDIAL DO TEATRO coa estupenda actuación de Juste Kamishibai, papel e teatro co seu espectáculo “As historias do Kamishibai”.
Estiveron con nos nesta celebración os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos gozando do espectáculo cos contos e lendas do mundo e con interesantes historias que pretenderon inculcar nos nenos/as valores en favor do coidado da natureza, da Terra e dos seres humanos.
En definitiva, un estupendo luns de teatro no que os alumnos/as puideron gozar e participar das historias narradas por Juan Juste mediante as técnicas de teatro de papel tradicional xaponés (kamishibai), da técnica de teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergaminos ilustrados coñecida como emaki,e dun teatro despregable pop-up que fixo manter a atención dos asistentes en todo momento.


Séguenos