O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa na Biblioteca de Betanzos
Tarde de ledicia e cociña na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as disfrutaron co contacontos e as receitas de Antón e Tomasa
Tarde de ledicia e cociña na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as disfrutaron co contacontos e as receitas de Antón e Tomasa
O domingo 19 de abril e para rematar coas nosas actividades no programa Ler Conta Moito 2015 visitáronnos Alvaro Muras e Martín Camiña co seu espectáculo “MaxicoSons, unha aventura entre libros “.
Esta vez enchemos o salón con público familiar que gozou dunha actividade que mestura música e maxia dun xeito lúdico e ameno e que conta coa participación dos nen@s para achegalos ao mundo da lectura.
Unha sesión divertida con dous grandes profesionais .
Os nenos e nenas de Xermade desfrutaron e aprenderon coa titiriteira Mirari Urruzola, e con este obradoiro onde elaboraron suculentos personaxes orixinais a partir de froitas, verduras e froitos secos.

Seguindo coa celebración do mes do libro o pasado venres día 10 de abril contamos na Sala de Lectura de BiblioPazos coa presenza de Alba Bermúdez de Triatreros Grupo Teatro que nos deleitou a todos cos seus contos e historias relacionadas cos alimentos.
Alba mergullounos nun mundo de fantasía no que os animais, a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
Durante case unha hora os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos pasaron un estupendo rato e coñeceron os inconvintes relacionados cos alimentos.
De seguido unha proba do ben que o pasamos con Alba.
Divertidísima sesión de contacontos para rapaces de nove anos a cargo de Pablo Sánchez. Contos propios e orixinais de diversas facturas e algún deles acompañado con instrumentos singulares que fixeron a delicia dos asistentes.


Os LIBROS EN-CANTADOS de MAGÍN BLANCO non deixaron de sorprender a todas e todos os que asistiron ao espectáculo da tarde do venres que tararearon as cancións e bailaron cos seus ritmos.
Nenos e nenas de 5 e 6 anos disfrutaron cos seus profesores dun espectáculo que, entre humor e cancións, promove os hábitos saudables na alimentación a través dos contos e o fomento do uso da biblioteca e da lectura.
O espectáculo encandilou a tódolos asistentes.
O venres 10 de abril os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria do Porriño C. P. R. Hermanos Quiroga participaron no obradoiro “Verbas creativas” a cargo da empresa Arelar Xestión Educativa esta é unha proposta que procura achegar aos nenos e nenas á lectura e a composición dende unha proposta lúdica, que parte de empregar ferramentas moi motivadoras na construción creativa e compartida, na que eles e elas son os verdadeiros protagonistas do pracer de xogar coas palabras.

O xoves día 9 de abril ás 12:00 horas os alumnos do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios do Porriño acompañados por alumnos do centro educativo ACEESCA (Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor), despois de visitar a biblioteca disfrutaron do contacontos ilustrado “O misterio do Pirata Benito Soto” a cargo da compañía “Polo Correo
do Vento”. Unha historia de misterios que mestura a oralidade coa ilustración.


Séguenos