Nenos e nenas de 5 e 6 anos disfrutaron cos seus profesores dun espectáculo que, entre humor e cancións, promove os hábitos saudables na alimentación a través dos contos e o fomento do uso da biblioteca e da lectura.
O espectáculo encandilou a tódolos asistentes.
O venres 10 de abril os nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria do Porriño C. P. R. Hermanos Quiroga participaron no obradoiro “Verbas creativas” a cargo da empresa Arelar Xestión Educativa esta é unha proposta que procura achegar aos nenos e nenas á lectura e a composición dende unha proposta lúdica, que parte de empregar ferramentas moi motivadoras na construción creativa e compartida, na que eles e elas son os verdadeiros protagonistas do pracer de xogar coas palabras.

O xoves día 9 de abril ás 12:00 horas os alumnos do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios do Porriño acompañados por alumnos do centro educativo ACEESCA (Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor), despois de visitar a biblioteca disfrutaron do contacontos ilustrado “O misterio do Pirata Benito Soto” a cargo da compañía “Polo Correo
do Vento”. Unha historia de misterios que mestura a oralidade coa ilustración.
O venres 27 de marzo en “Tardes de Contos e Lendas” estivo na nosa biblioteca o Duende Dadá. Tiña moito que contarnos, onde vive, que come, que lle gusta facer e ademais …contos.

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrou o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun espectáculo titulado ” Maxia cómica” da man de Leo Leiño.
Maxia cómica é un espectáculo para nenos e adultos, na que participaron os asistentes. Divertida e sorprendente e relacionada cos libros e contando unha historia que ía unindo os distintos xogos. Vamos….que os nenos pasárono en grande e os pais tamén.

O venres 27 de marzo “Pavís , pavós” estivo na biblioteca de Valdoviño contando os “CONTOS QUE DEIXAN PEGADA” , actividade enmarcada no programa de animación á lectura que se desenvolve os venres pola tarde.

O pasado dia 27 de marzo, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron unha visita á Biblioteca de Ares.
Contáronnos a súa historia de amor e decoramos o noso pastel de pasta de de azucre.
Fixemos unha xornada moi doce…..

O 27 de marzo celebramos na Biblioteca Municipal de Poio o Día Internacional do Teatro, coa actuación especial do grupo Expresións Produccións, co seu espectáculo “Conto contigo”.Contos, maxia e monicreques estiveron presentes durante todo o programa.
O venres 27 de marzo seguindo coas actividades do programa Ler Conta Moito 2015 visitounos Paco Nogueiras coa actividade musical “Brinca Vai! de aquí a acolá”
Esta vez tocoulles os nen@s de 2º a 5º de educación primaria do colexio Padre Feijoo de Allariz. Gozaron dun xeito lúdico e participativo das cancións do libro de Kalandraka .
Unha sesión didáctica e divertida cun gran profesional.


Séguenos