Obradoiro creativo CIENTÍFICAS MEDRANDO. HISTORIAS QUE INSPIRAN
Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.

Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.

Día 17 de outubro de 2024 ás 11:30, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Cueiros de cores
da man da Ratiña Faifá, de Trinke Trinke
o 17 de outubro ás 11:30 na biblioteca
Recibimos na biblioteca á Ratiña Faifá, que veu visitarnos desde Lonxedetodo:
Comezamos facendo exercicio para adestrar a mente e o corpo para escoitar contos: ¡1, 2, 3, arriba!:
Cantamos e bailamos con María Fumaça:
Tamén vimos puidemos mirar o cueiro doutros animais…

Cantamos e bailamos, divertímonos cos contos, pero tamén recoñecemos as nosas emocións…

… axudándolle ó Monstro de cores a recoñecer as súas:

Pasámolo tan ben, e gustounos tanto, que nos deu pena que tivera que volver de novo para Lonxedetodo, así que a despedimos cunha grandísima aperta!

Fixemos unha selección de contos para acompañar a esta sesión de contacontos, que se atopará na Casa dos Ratos ata o Nadal.
Neste xoves, 17 de outubro, estivemos con Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno aprendendo de maneira moi didáctica todo o procedemento mediante o cal as ideas acaban transformándose en libros físicos. A rapazada de 6º de primaria do CPI de Pontecesures tamén descubriu diferentes formatos de libros e texturas de papeis. A explicación foi complementada coa reprodución duns vídeos explicativos. Finalmente, os nenos elaboraron historias por grupos. Foron moi divertidas!
Este obradoiro enmarcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.

Xela e o dragón viviron unha aventura emocionante coa axuda do público asistente, que opinou e aconsellou aos personaxes.
Neste mércores, 16 de outubro, estivemos co conta contos Manuel Fontemoura co que os nenos de 4º e 5º do CPI de Pontecesures se divertiron e aprenderon sobre a importancia da empatía, a tolerancia e o respecto ao diferente! Esta narración oral enmarcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.
Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.


O pasado xoves 10 de outubro visitounos Patricia, de Eduvía, que marabillou á cativada. Non sabiamos cantas sensacións podemos acadar con obxectos tan sinxelos!


O venres 11 de outubro pasamos unha tarde estupenda con Iria, deseñadora gráfica, que nos aprendeu a crear a portada do libro que quereriamos ler.

Un grupo de nenas e nenos do CEIP San Salvador de Arnoia viñeron á biblioteca municipal a pasar unha estupenda xornada coa actividade “Atrévete a facer o teu propio libro”, acompañados de profesores do centro e levada a cabo por Fani Padullés.
As persoas que participaron quedaron moi contentas, pasóuselles moi rápido o tempo polo entretidas e metidas na actividade que estiveron.


O venres 11 tivemos unha tarde máxica co mago Javier Muro, quen nos trouxo as súas LETRAS MÁXICAS , un espectáculo de maxia moi divertido.
Unha tarde chea de risas na que nenos e nenas estiveron máis que dispostos e encantados de axudar no desenvolvemento dos trucos.



Séguenos