En Ortigueira celebramos o Día da Biblioteca con Carmen Domech




Na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño, o venres 24 de outubro, Día das Bibliotecas, foi amenizado cos Contos ao revés de Xanela Ocio. A actividade consistiu na narración de pequenos contos adaptados, acompañados dun teatriño e música, a través dos que se traballa dun xeito ameno, divertido e educativo a igualdade e o respecto, desfacéndonos dos tópicos dos contos tradicionais.

Un dos contos adaptados para fomentar a igualdade

Na Biblioteca Central de Cangas celebramos o Día a Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Fátima Fernández, que fixo desfrutar a xente menuda e adultos con “Érase unha vez uns zapatos…”
Que mellor maneira de celebrar o Día da Biblioteca que rodeados de bos libros, boa música e boa compañía. Así aconteceu a tarde do 24 de outubro na Biblioteca Municipal do Pereiro de Aguiar. Tanto os cativos como os non tan cativos, pasaron un ratiño moi divertido coñecendo instrumentos musicais, cantando, descubrindo versións moi divertidas da coñecida A Saia da Carolina, escoitando música con instrumentos feitos con materiais de refugallo, … resumindo, desfrutando dun espectáculo moi musical, participativo e entretido.

A través dos contos e da música chegamos a un mundo de lendas e anécdotas na que predominou a participación e interacción co público familiar.
O venres 24 de outubro, a Biblioteca de Dodro acolleu o obradoiro “Pintamonas, elefantas e xirafas“, unha actividade para celebrar o Dia de la Biblioteca.
Obradoiro na que os nenos e as nenas plasmaron non papel os seus animais preferidos especialmente coellos, a través do debuxo, mesturas de cores…


O pasado, día 23 de outubro, contamos na Biblioteca Central con Carlos Roberto Álvarez Taboada e un compañeiro, para levar a cabo a actividade “O misterio do pirata Benito Soto”. Durante unha hora, a rapazada asistente escoitou relatos de misterios e piratas mentras contemplaban a elaboración de debuxos con esa temática, para finalizar creando eles o seu propio debuxo.


O xoves, 23 de outubro visitou a nosa biblioteca Xanela Ocio cos seus Contos ao revés. Contos tradicionais dados a volta para ensinar aos máis pequenos os valores de igualdade e respecto aos demais. Acompañados dun teatriño e música fixeron as ledicias dos máis pequenos da casa que, xunto aos seus pais e nais, gozaron con esta nova maneira de tratar os contos de sempre.


O martes 21 de outubro ás 18:30 chegou Elefante Elegante a nosa biblioteca co seu espectáculo LOBO BOBO.
Nenas e nenos asistentes seguiron a historia que se lles contou con gran atención, preguntas, risas, aplausos e moito humor e estiveron espectantes vendo o que lles acontecía a Branca de Neve e á súa madrastra, ao lobo e a Carapuchiña e a outros personaxes dos contos clásicos. Todas e todos chegaron a unha conclusión : nada remataba como lles tiñan contado!


Branca de Neve ten un problema cada vez que se mira no espello, e que se ve reflexada nos tres porquiños. E Carrapuchiña xa non ten que temer ao lobo feroz porque agora é vexetariano.

Elefante elegante crea novas historias mesturando os contos de sempre, e danos moita risa mentres a casa da avoa vaise construíndo diante dos nosos ollos a medida que se narran as novas aventuras dos personaxes de sempre .


Séguenos