A MALETA DA AVOA CHEGA Á B.P.M. DE CALDAS DE REIS
Un grupo de nenos acompañados dos seus pais disfrutaron dunha sesión de contos con Raquel Queizás.
Pasámolo en grande!
Un grupo de nenos acompañados dos seus pais disfrutaron dunha sesión de contos con Raquel Queizás.
Pasámolo en grande!

O 2 de abril coincidindo co Día do Libro Infantil Manuel Solla estivo en Camariñas co espectáculo Conto Contigo.
Foi unha divertida sesión na que os nenos/as puideron escoitar narracións de princesas e príncipes, interactuar con animaliños, introducirse no mundo da maxia e colaborar como actores/actrices.
A despedida foi moi complicada e Manuel prometeu volver a visitarnos.
O xoves día 27 de marzo @s nen@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada disfrutaron do contacontos “A CIENCIA É DIVERTIDA” na Biblioteca do centro.
Nunha primeira parte da actividade, coa que se pretendía o fomento da lectura, da creatividade e da experimentación, Ana Romero Porto, narrou tres contos….
E despois….fixo, coa axuda d@s nen@s varios experimentos con utensilios da vida cotiá, como por exemplo, inchar un globo sen aire, elaborar con auga e pintura estrelas máxicas ou facer unha lampada fluorescente…. Tódolos experimentos deixaron ó público abraidado…
O pasado Xoves día 27 de Marzo, DIA MUNDIAL DO TEATRO, en Bibliopazos contamos cunha nova actividade de animación á lectura e nos visitou a actriz, escritora e contacontos Carmen Domech, que nos deleitou co seu espectáculo “CONTACONTOS DE LIBROS CONTENTOS” na sala de lectura.
Asistiron os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén que pasaron un rato estupendo coas historias de Carmen Domech sobre os sucesos e cousas fantásticas que lles ocorrían aos seus libros.
Ao finalizar a actividade leéuse a mensaxe de Brett Bailey parao Día Mundial do Teatro 2014.
Aquí deixamos unhas imaxes de ese día.
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura “Conto contigo”, un espectáculo de animación á lectura cunha selección de contos, apoiándose nos monicreques e da maxia, creou un espectáculo moi dinámico onde todos participaban.
A narración oral viña acompañada pola manipulación de animais de xoguete, libros e obxectos escénicos que saían da maleta do narrador e que era o nexo común da narración.
Nun principio o narrador pregunta aos participantes se atoparon a Flint, un rato de biblioteca de cor branco, e fai mención do uso responsable dos libros como ferramenta de coñecemento, preguntando aos nenos e nenas se sabían como tratalos.
Despois contou un primeiro relato sobre as peripecias de Juan, un neno que desexaba unha mascota, aludindo á actitude responsable das persoas ao ter una mascota. Utiliza a vocalización para cada unha das personaxes. Despois do conto pediu aos nenos que subiran ao escenario a imitar un animal que o publico tiña que adiviñar.
No segundo relato, O tiburón Conrado, conta as peripecias dun tiburón que naceu sen dentes e que so comía algas e vexetais e que, ao ser diferente, era obxecto de burlas polos demais da manada polo que decidiu marchar. Os asistentes aprenderon unha canción que interpretaron nalgúns momentos do conto co narrador.
Para rematar, o narrador solicitoua a axuda de dous nenos do público que souberan ler e escribir para a realización dun truco de maxia que deixou a todos os asistentes abraiados.
O artista ao final da sesión fixo unha enquisa sobre o visto no espectáculo , preguntando que partes da actividade gustaran mais e o grado de aceptación do público ao que ía dirixido.
Preto de 50 nenos e nenas acompañados dos seus familiares asistiron a “Conto contigo”. O artista engatusou a grandes e pequenos cun ameno espectáculo, onde o espectador estivo participativo dende o principio para axudar ao desenvolvemento das historias.
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.

En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.

Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.
Expresión Produccións realizou o seu espéctaculo de animación a lectura na Biblioteca Ánxel Casal, cunha mezcla de actividades de contacontos, títeres e maxia.

Unha posta en escea espectacular como base para unha actividade na que a participación dos nenos e nenas foi primordial.

Ademáis dos contos, aprendemos trabalinguas e cancions.
Co gaio da celebración do Día da Poesía , o artista Carlos Coira fixo as ledicias de cativ@s e maiores cun fantástico espectáculo de maxia, teatro e poesía, onde a palabra foi a protagonista.
O mércores 19 de marzo, ás 18.30 h. Ana Hermida da Asociación Lisistrata visitounos na Biblioteca de Santa Cruz co espectáculo “Contando en feminino.”
A partir dos seguintes contos : “Historia dos bonobos con lentes”, “A princesa Carlota e o seu dragón mascota”, “Artur e Clementina” e “As cores”, contados desde a perspectiva de xénero e igualdade, xógase cos roles femininos, de xeito que non estean representados só os que son tradicionais nos contos, senón algo igualitario nos que as/os protagonistas o sexan desde o punto de vista da igualdade e da cooperación en todas as facetas da vida.

A actividade completouse coa mostra bibliográfica que sobre “Libros para a igualdade, libros de Adela Turín” espúxose na sala infantil da biblioteca.
Formas de celebrar o entroido nos distintos pobos do mundo, mediante xogos e actividades relacionando as palabras de diferentes idiomas.


Séguenos