A Gran Lilí Gruyére na BPM do Saviñao
Día 26 de abril de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para rematar as celebracións do Mes dos Libros (co Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro), recibimos a visita gran artista internacional Lilí Gruyére, da familia dos Ratos de Lonxedetodo (Trinketrinke) dentro do programa Ler conta moito, que nos deleitou con cancións, baile, contos e interpretación. 
Pero iso non foi todo: para rematar presentounos a casa dos ratos, onde poderemos atopar tódolos contos que nos recomendan os ratiños da nosa biblioteca: Leo, Savinia, Tareixa e Rodolfo, que xa son moi coñecidos polos visitantes da biblioteca.
E como o mellor é dar exemplo, Lilí púxose a remexer entre os contos e por aclamación popular leunos un par deles. A verdade é que estes ratos teñen moi bo gusto lector!

Todo un éxito!













A narradora desenvolveu unha sesión de contos onde se intercalaron relatos de temática relacionada con actividades cotiás ( a lactancia, a arte da baci) con breves historias de animais e cancións. Os elementos sonoros tiveron unha relevancia importante no desenrolo da sesión para captar a atención dos nenos.






Séguenos