Actividade desenvolta no marco da programación da celebración do Día do Libro.
Os Contos de Pablísimo trouxo a nosa biblioteca, o venres 3 de maio ás 18 horas, a sesión de contacontos Contos de Sobremesa.

Dentro das actividades programadas con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o día 6 de maio puidemos disfrutar desta particular versión de Alicia no País das Marabillas por Títeres Cachirulo.
É un espectáculo entretido e divertido para o público de todas as idades, xa que se desenvólvese con fluidez e mantén a capacidade de sorprender ao longo da obra.

O 24 de abril a contadora Carmen Domech viaxou ata a Biblioteca coa súa maleta de libros tolos para facer desfrutar a nenas e nenos con contos divertidos, intrépidos, deliciosos e escalofriantes.
Actividade Contos para despistados na Biblioteca Pública Municipal María Baña (Cabana de Bergantiños)
O venres 24 de maio visitou á sección infantil da nosa biblioteca PABLÍSIMO cos seus Contos de Sobremesa. Espectáculo de narración oral, onde desfilaron innumerables historias,contos,personaxes,bonecos enriba dunhas mesiñas. Os nenos e nenas que asistiron á biblioteca disfrutaron moito do espectáculo , sobre todo os máis pequenos. Os nenos/as participaron de forma activa do espectáculo e pasaron unha tarde moi divertida.
O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Traballando en equipo
O pasado 24 de maio a biblioteca municipal encheuse de novos artistas (e non tan novos) que dirixidos por María Nöel crearon os seus propios mundos con plastilina.
María, escritora e ilustradora, conseguiu que nenos e grandes, utilizando plastilina e todo tipo de materiais reciclables crearan a sús propia historia.
Dragóns, peixes, paisaxes fantásticos, princesas , futbolistas invadiron a nosa biblioteca….

O bosque encantado
Ratos na biblioteca! Os ratos van ao mar a cargo de Trinketrinke Teatro
O 5 de xuño a partir das 18:00 h celebramos o “Día Mundial do Medio Ambiente” cunha visita moi especial. Os ratos de Lonxedetodo trouxéronnos un divertido contacontos teatral no que os condutores das actividades foron unhas personaxes fantásticas: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade.
A zona de contacontos da biblioteca estaba decorada para a ocasión con paneis no que se amosaba o mar, praias e barcos pirata.
Os Ratos de Lonxedetodo son grandes viaxeiros, coñecen contos moi bonitos sobre o mar e un día deciden embarcarse. Lupiña, a ratiña de Lonxedetodo compartiu cos asistentes incribles contos sobre o mar, as baleas e os piratas.
Os contos foron narrados utilizando técnicas diversas: narración oral,amosando as ilustracións, teatro de monicreques,teatro de sombras, de obxectos,dramatizacións coa participación do público…
A Ratiña de Lonxedetodo, ao remate da función descubriu unha sorpresa que tiña preparada para os nenos: nun lugar da biblioteca e tapado cunha tea laranxa había un expositor para os “Contos Favoritos dos Ratos “. Nel expuxéronse arredor de 50 contos identificados cun distintivo coas caras dos ratos. Deste xeito pretendíase visualizar os fondos e darlles saída a través do empréstito, favorecendo este dende o vínculo afectivo establecido entre os nenos e os Ratos de Lonxedetodo durante o Contacontos. Trinketrinke colaborou na selección dos contos propoñendo 25 títulos existentes na Biblioteca e o persoal bibliotecario elixiu o resto. Os contos foron identificados cos distintivos dos Ratos de Lonxedetodo.

Ao remate da sesión, os asistentes amosáronlle á Ratiña as instalacións da biblioteca. Lupiña levou varios contos emprestados e animou a que todos os nenos e nenas tamén o fixeran.
O acto rematou coa entrega dos premios do II Concurso de Fotografía Medio Ambiental, unha iniciativa na que participan alumnos de toda a localidade, cuxos traballos forman parte dunha exposición fotográfica na propia biblioteca. Lupiña non quixo perder a oportunidade de saír na foto coas gañadoras e o concelleiro.


O día do Libro na Biblioteca Municipal de Vilalba celebrouse dentro do Programa Ler conta Moito, subvencionado pola Consellería de Cultura unha sesión de contacontos a cargo de Trinketrinke dirixido a nenos en edades comprendidas de 3 a 8 anos.

Lili, a ratiña de Lonxedetodo encheu a nosa Biblioteca de ledicia, música e contos. Tendo moi boa acollida entre os nenos e os pais que os acompañaron.
Como actividade complementaria fixoselles o carné de socio aos nenos que non o tiñan, para logo poderen levar en préstamo unha selección de libros expostos, axeitados a súa idade.


Séguenos