Bo días bloguer@s,
Onte tivemos a actuación de Paco Nogueiras co seu concerto Extra! baseado no seu libro-disco, o público pasouno en grande coas letras das cancións tan pegadizas e as bibliotecarias tamén, a nosa canción favorita foi “Bici, bicicleta”. Paco Nogueiras nunca defrauda e sempre pasámolo moi ben.



O sábado 25 de setembro ás 18.00 h, visitaron o Auditorio Municipal de A Illa de Arousa, Josito Porto e Víctor Mosqueira dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia coa actuación titulada “Cartoóns”…

Un espectáculo cheo de humor, sensibilidade e sobre todo, moita reciclaxe para poder sobrevivir…

Unha actuación que fixo pasar unha tarde moi amena ós nenos, ás nenas e ás súas familias…
Moi recomendable!!!

Este luns 27 de setembro pasamos unha animada tarde co novo espectáculo musical de Paco Nogueiras “Extra!”,un orixinal concerto no que as diferentes seccións dun xornal serven de introdución para unha chea de cancións divertidas e moi, moi bailables.

O xoves 23 tivemos unha visita moi especial e unha chea de contos con Manuel Solla!
O venres 24 de setembro estiveron na Biblioteca Municipal de Ordes. Todo un éxito. Música, contos, debuxo, arte…todo da man. Grazas ao grupo artístico e tamén ao noso público. Desexamos repetir!!! Facendo biblioteca!


Nos últimos días vimos un rato que ía e viña pola Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada pero non dabamos falado con el. Por fin o pasado venres soubemos o motivo da súa visita: contar contos dos ratos de lonxedetodo. Contos divertidos, curiosos, engaiolantes, emocionantes. Pasámolo tan ben que lle deixamos un anaco de queixo para animalo a volver outro día.


Este venres 24 acompañounos Tone Martínez con moreas de historias que lle contaba a súa madriña cando pasaba o verán con ela, na aldea de Villaverde e quería que deixara as maquiniñas e gozara do entorno.
Achegámonos ao mundo dos bechos e da natureza dunha maneira moi especial, dándolle a importancia que estos teñen para conservar o noso medio ambiente e coñecendo de cerca as divertidas aventuras da Mosca Chosca ou do grilo apaixonado das panxoliñas do Nadal. Os nenos e nenas pasaron unha tarde abraiados co que estaban escoitando e levaron unha idea moi divertida para facer a vindeira vez que vaian de excursión polo monte.


Séguenos