A VERDADEIRA HISTORIA DE HAMELÍN DESVELOUSE EN CAMARIÑAS

Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.

Dinámica e simpática versión do conto de Hamelín con malabares e clown.
Onte comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro do programa LER CONTA MOITO co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
A primeira das actividades tivo lugar onte XOVES 16 de setembro ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello, no que contaremos con Diego González Hermida “O CALBOROTA” que nos trouxo o seu espectáculo “UN RATO MÁXICO” no que “Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias”.
O show de maxia educativa moi interactivo onde se mesturou o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.
Os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, pasaron “UN RATO MÁXICO” estupendo e moi divertido.

O xoves 16 contamos coa compañía Tricotrí Teatro e a súa representación de Monstros de dez minutos. Actividade chea de contos e música cun ritmo moi animado, utilizando libros como Carapuchiña vermella, Monstro de minuto e medio, O monstro de cores e Hansel e Gretel.

Menuda tarde a de onte chea de ilusión e alegría! Despedímonos ata outra do Pequeno Cabaret Infantil de @nelson_quinteiro, foi un pracer contar con esta actuación escenificada coma un circo antigo. Grazas a Pedrito e a Jacinta que fixeron rir moito aos asistentes presenciais e aos espectadores que o visualizaron dende a casa.


O martes, 7 de setembro do 2021, no CSC das Fontiñas recibimos a David Merelas, que levou a cabo unha actuación moi entretida na que procurou obter a complicidade dos asistentes facéndoos partícipes da mesma. O recurso ao clown e os malabares enriqueceron esta orixinal adaptación do conto popular “O frautista de Hamelín”.
O 7 de setembro ás 20:00 h no espazo cultural da Igrexa da Madalena tivemos un contacontos da man de Tarabelos, titulado “Debulendo lendas”.
Os nenos coñeceron as lendas de persoaxes históricos e ficticios, coma María Pita, os gamusinos, a Coca, Breogán, etc…, á vez que ían debuxando coa súa imaxinación aos persoaxes das historias.


O venres tievemos unha visita moi especial, o Mago Paco, cunha chea de maxia para a cativada
Seguimos coas actividades do programa Ler Conta Moito 2021, nesta ocasión coa visita de Paco Nogueiras e o seu concerto Extra!.
Os nenos e nenas e os non tan nenos gozaron das cancións de Paco que nunca defrauda, o público estivo cheo de fans e houbo bises incluídos!!
Unha actividade súper divertida e dinámica.
Pásamolo Xenial!
Grazas Paco pola túa visita!


Pedro Brandariz no exterior do centro sociocultural “Aurelio Aguirre” de Conxo do Concello de Santiago de Compostela, no que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos aprendendo a aceptarse a sí mesmos.

Actuación de Lía Magalia na Alameda de Santiago dentro do programa “Vive o Verán” dos Centros Socioculturais do Concello, unha xornada na que tamén se realizaron xogos o aire libre que complementaron a actuación


Séguenos