Gran pantalla na Fonsagrada
Na alta montaña lucense gozamos dun pequeno gran festival de cine: o Festivaliño na biblio. Todxs xs asistentes puideron ver as mellores curtas do mundo seleccionadas en exclusiva para a ocasión. Ademais, entre curta e curta, cantamos unha canción (ou dúas).




Os contos de Pablisimo buscaba príncipes rosas…e princesas azuis en Irixoa. Contos de valentes princesas enfrontandose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!, o príncipe cincento, As princesas tamén botan peidos e unha versión gamberra e interactiva de A PRINCESA E O CHICHARO de modo moi ameno e divertido.















Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos. 






Séguenos