Os contos da bruxa Chispum na Biblioteca Central de Cangas


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.
Antía Yáñez foi relatando o seu conto A Reconquista aos nenos e nenas asistentes, explicándolles a historia de Lúa e a súa motivadora historia reivindicando un espazo común onde os desexos de todos os nenos/as tiveran cabida e estiveran representados no tempo de lecer do seu cole.
Asimesmo xogou cos máis peques tentando adiviñar animais ocultos nas páxinas do conto de Antía.
Tamén mesturou o seu contacontos coa proxección de videos que reflectian roles distintos aos normalmente asignados a cada xénero.
O pasado 8 de outubro, tivemos a visita na Axencia de lectura de Oubiña, do escritor e ilustrador Anxo Fariña, coa súa obra “Dulcinea a nena cabaleira”. Maxistral actuación por parte dun gran profesional.
O público moi entregado.

O pasado 22 de setembro tivemos a visita de Paula Carballeira, coa a obra “Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras”.
Estupenda e recomendable actuación.
O sábado 17 de Outubro tivemos a presenza de Animar-T que veu co seu espectáculo “A casiña de cartón”…

A actividade tivo lugar ás 18.00 h no Auditorio Municipal onde nenos e nenas acompañados e acompañadas dos seus familiares pasaron unha tarde divertida con Adela, a casiña de cartón e os animaliños que a acompañaron… tocando valores como a amizade, o respecto polo medioambiente e a reciclaxe.

Música, narración oral e baile acompañaron a tarde respectando as medidas Covid-19. Parabéns polo espectáculo. Moitas grazas a todos e todas!!


A Biblioteca de Dodro celebrou o 16 de outubro o obradoiro Robótica na biblioteca, coa escola Átomos.
Os participantes fixeron cadanseu robot, que despois levaron para a súa casa, unha pantalla facial, presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D e aprenderon de forma divertida sobre tecnoloxía, electrotecnia, mecánica….
O grao de satisfacción dos asistentes foi elevado.

O sábado, día 17, tocoulle aos nenos e nenas do Milladoiro. Os que participaron no obradoiro analizaron a estructura clásica dos contos, revisaron contos clásicos con novas persepectiva, escribiron e debuxaron! E todo dun xeito lúdico que os enganchou por completo!

O venres día 16 os rapaces e rapazas que participaron neste obradoiro escirbiron un conto identificando as pezas narrativas clásicas: introdución, nudo e desenlace e acabárono plasmando nun marcapáxinas. Os resultados foron abraiantes!
E un ano mais remata o programa Ler conta moito en Allariz
Nesta ocasión visitounos Música Miúda, tres grandes músicos e profesionais que nos fixeron pasar unha tarde moi agradable e divertida coas súas cancións e os contos da vila de Bemol Pequeno.
Quedamos encantados!!
Moitas grazas


Os nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade lograron ser autores e protagonistas ao mesmo tempo do seu propio conto, a través do obradoiro “Fotoconto” que se levou a cabo o pasado venres 16 de outubro na Biblioteca de Cerdedo.
Non lles faltou creatividade a ningún deles para deseñar unha historia fantástica.
Ao remate da actividade visualizaron a montaxe do seu libro e poideron ver as ilustracións coas súas fotografías. En breve contaremos con este novo conto na nosa Biblioteca para que todos o poidades ler.



Séguenos