Carabranca no C.C. Xaime Illa de Raxó (Poio)
Onte pola tarde, gozamos coa actividade de Iria Pinheiro: “Carabranca”. Un contaconto pola igualdade con moitas sorpresas como, unha maleta de sombras chinesas.
Onte pola tarde, gozamos coa actividade de Iria Pinheiro: “Carabranca”. Un contaconto pola igualdade con moitas sorpresas como, unha maleta de sombras chinesas.

O día 21 de outubro as crianzas aprenderon a traballar con papel partindo das formas xeométricas habituais no deseño galego, ao mesmo tempo aplicaron os gustos e a creatividade individuais.
Con iso lograron facer unhas esculturas moi interesantes.

O martes 20 de outubro, chegou a Biblioteca de O Froxel, ELECTRA MENÉNDEZ cun interesante obradoiro baseado en: “ESCULTURA EN PAPEL”.
A actividade consistiu na creación de personaxes e obxectos
con papel e cores brillantes que podían levar a casa para deleite dos seus pais.
A pesar da capacidade limitada e a distancia de seguridade, a actividade foi todo un éxito.

A luz e a visión protagonizaron este show científico-divulgativo de Vicente Mohedano na nosa Biblioteca. Combinando explicacións teóricas e experimentos, aprendimos moito do tema e divertimonos coñecendo cousas como os puntos cegos ou construindo unha bombilla.

Recibimos na nosa biblioteca a Carmen Domech que achegounos os seu espacáculo “Contos para pasalo de medo”. E abofé que o título coincidiu co que vivimos grandes e pequenos nesta combinación de contos e títeres.

Onte ás 17: 30 tivemos unha visita moi especial, María dos Contos e o señor Dorremí.
En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.
Antía Yáñez foi relatando o seu conto A Reconquista aos nenos e nenas asistentes, explicándolles a historia de Lúa e a súa motivadora historia reivindicando un espazo común onde os desexos de todos os nenos/as tiveran cabida e estiveran representados no tempo de lecer do seu cole.
Asimesmo xogou cos máis peques tentando adiviñar animais ocultos nas páxinas do conto de Antía.
Tamén mesturou o seu contacontos coa proxección de videos que reflectian roles distintos aos normalmente asignados a cada xénero.
O pasado 8 de outubro, tivemos a visita na Axencia de lectura de Oubiña, do escritor e ilustrador Anxo Fariña, coa súa obra “Dulcinea a nena cabaleira”. Maxistral actuación por parte dun gran profesional.
O público moi entregado.

O pasado 22 de setembro tivemos a visita de Paula Carballeira, coa a obra “Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras”.
Estupenda e recomendable actuación.


Séguenos