A CINECLETA CHEGA Á BIBLIOTECA DE LOURENZÁ
O venres 11 de setembro os nenos e nenas de Lourenzá desfrutaron con esta orixinal actividade , onde os libros e o cine se mesturan.
O venres 11 de setembro os nenos e nenas de Lourenzá desfrutaron con esta orixinal actividade , onde os libros e o cine se mesturan.
Este pasado sábado, 12 de setembro, ás 11:30 h, maiores e pequenos puidemos gozar co concerto musical que nos achegou Magín Blanco ás Bibliotecas de Carballo.
Neste espectáculo deleitámonos con cancións moi agradables, que facían mover o noso corpo con ritmos suaves de jazz. Un espectáculo que varias familias decidiron aproveitar de maneira presencial vindo á biblioteca, sempre respectando as medidas de seguridade que se organizaron; e co que moitas outras puideron gozar desde as súas casas, pois Magín tamén nos ofreceu a posibilidade de facelo en streaming a través das nosas redes sociais.
Desde a Biblioteca de Carballo recomendamos esta actuación, que tivo moi boa acollida por parte do público.
Gracias por deleitarnos coa música que levas dentro da maleta, Magín!

Magín Blanco e a súa maleta
O venres 11 de setembro estiveron María de “Encanto” e a súa cadeliña na nosa biblioteca. Cantas cousas aprendemos. “Había unha nena que sabía moito de cans…” foi todo un éxito! Coma sempre, o mellor foi o público infantil. 
O mércores 9 de setembro tivemos o pracer de escoitar a Sole Felloza coa súa proposta de igualdade. 
Desde os seus recordos de infancia ata as aventuras de Iria, o espantallo, a ra…para mostrarnos que todos debemos respetar ós demais e loitar polos nosos sonos.
Foi unha sesión moi divertida e gustou tanto a maiores coma a pequenos. Mantendo as normas de seguridade, debemos seguir a disfrutar dos nosos narradores. Porque tod@s necesitamos contos!
Gracias Sole.
Hoxe, 10 de setembro, pasou a tarde connosco, na Biblioteca Municipal de Poio, o mago Pedro Bugarín, ensinándonos unha chea de trucos de maxia nun entretenidísimo obradoiro do que desfrutamos grandes e pequenos.

O mago Bugarín ensina trucos de maxia á cativada en Poio
O día 27 de agosto “Brais da
s hortas” visitou a Biblioteca Pública Municipal de Irixoa e contoulle aos asistentes unha chea de contos que traia nunha maleta. Os nenos e nenas pasárono en grande!
O Mago Paco estivo na Biblioteca de Caldas de Reis co seu espectáculo onde a participación, gardando as medidas de seguridade, os contos e a maxia puxeron o colofón a unha semana chea de actividades.
Marisa Irimia estivo en Caldas de Reis o pasado xoves 3 de setembro cun feixe de contos onde fantasía e tradición foron da man e fixeron as delicias de grandes e pequenos.
Comezamos as actividades do programa Ler conta moito 2020 coa visita de Títeres Cachirulo e o seu espectáculo ” A cabeza do dragón”.
Os nenos e nenas gozaron dun espectáculo de marionetas moi divertivo e que lles fixo manter a atención todo o tempo. Unha obra áxil e moi entretida para os pequenos e non tan pequenos.
Pasámolo moi ben!!

O mércores dous de setembro Raquel Méndez de OQO visitounos cun feixe de contos que fixeron as delicias de grandes e pequenos! Moitas risas nunha espléndida mañá de sol!


Séguenos