“A verdadeira historia de Hamelín” na praza do Mesón do Barqueiro, Mañón
Música, malabares e ganas de seguir…bailando, o 26 de agosto na praza do Mesón do Barqueiro de Mañón

Música, malabares e ganas de seguir…bailando, o 26 de agosto na praza do Mesón do Barqueiro de Mañón

Contos para todas as idades e xéneros, contos en igualdade, o 19 de agosto no centro sociocomunitario do Barqueiro, Mañón.
O 12 de agosto a choiva recolleunos mais a caixa non deixou de transformarse…e nós de soñar.

Os nenos/as de Santiso aprenderon a comer de maneira saudable e de forma divertida co raposo Rufo.

O venres 25 tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, un escape room para achegar ás claves que destruiran ao meteorito antes de que chegara á terra. Foi un xogo de buscar pistas, facer cálculos, ler en morse… pasáronlo de medo.

Este xoves 24 contamos coa compañía Os monicreques de Kukas na nosa biblioteca. Xan Perillán vai á biblioteca e unha obra apoiada no uso de música e libros cunha gran realización visual, emprego de figuras de animais xunto con elementos da natureza como o sol, e outros vencellados á casa labrega (lareira, gramalleira…).
Os nenos e nenas asistentes estiveron moi atentos e saíron encantados coa actuación.

O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

O venres 18 de setembro os máis pequeniños disfrutaron moito con Xabi do Camiño . Comerá o bebé ? fíxonos participar a grandes e pequenos.!!
Onte tivemos no Auditorio do Concello a segunda actividade do programa LER CONTA MOITO deste ano 2020.
Nesta ocasión estivo con nós a Genma Pardo que nos trouxo o espectáculo “DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO DE…” co que durante unha horiña que durou o show nos tivo entretidos e animados axudándonos a resolver as pistas coas que fomos quen de resolver este caso.
Os asistentes, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos- foron resolvendo as pistas coa axuda da Detective Gemola e ao final descubriron quen fora o asasino. Pero non o imos dicir por si queredes ir a ver o espectáculo outra vez noutra biblioteca.
Se algúns soñaron con ser uns auténticos detectives e resolver misterios inexplicables; e lles chaman a atención as series de investigación tiveron a súa oportunidade onte mediante o traballo realizado para resolver este misterio e sentirse os mellores detectives do mundo.
Grazas a todos por participar e a Genma Pardo por facelo deste xeito divertido, ameno e participativo.


O xoves 24 de setembro, Leo Leíño visitou a Biblioteca das Pontes de García Rodríguez co seu espectáculo Bibliotemaxia. Todos os nenos e nenas desfrutaron moito, especialmente cando apareceu o coello “Gachas”. Aínda que con máscara e aforo limitado seguimos a desfrutar das actividades da biblioteca porque a cultura segue.


Séguenos