Autores con pegada na biblioteca de Bertamiráns
O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

O pasado día 19 a biblioteca de Bertamiráns encheusenos de pequenos artistas que se converteron por un ratiño en grandes ilustradores con resultados espectaculares, todo da man de Isa Herrero.

O venres 18 de setembro os máis pequeniños disfrutaron moito con Xabi do Camiño . Comerá o bebé ? fíxonos participar a grandes e pequenos.!!
Onte tivemos no Auditorio do Concello a segunda actividade do programa LER CONTA MOITO deste ano 2020.
Nesta ocasión estivo con nós a Genma Pardo que nos trouxo o espectáculo “DETECTIVE GEMOLA. O MISTERIOSO CASO DE…” co que durante unha horiña que durou o show nos tivo entretidos e animados axudándonos a resolver as pistas coas que fomos quen de resolver este caso.
Os asistentes, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos- foron resolvendo as pistas coa axuda da Detective Gemola e ao final descubriron quen fora o asasino. Pero non o imos dicir por si queredes ir a ver o espectáculo outra vez noutra biblioteca.
Se algúns soñaron con ser uns auténticos detectives e resolver misterios inexplicables; e lles chaman a atención as series de investigación tiveron a súa oportunidade onte mediante o traballo realizado para resolver este misterio e sentirse os mellores detectives do mundo.
Grazas a todos por participar e a Genma Pardo por facelo deste xeito divertido, ameno e participativo.


O xoves 24 de setembro, Leo Leíño visitou a Biblioteca das Pontes de García Rodríguez co seu espectáculo Bibliotemaxia. Todos os nenos e nenas desfrutaron moito, especialmente cando apareceu o coello “Gachas”. Aínda que con máscara e aforo limitado seguimos a desfrutar das actividades da biblioteca porque a cultura segue.
Este mércores visitounos a escritora Antía Yáñez para contarnos unha historia que ela mesma viviu no patio do seu colexio. Neste conto, Antía aborda o tema da ocupación dos espazos dende unha óptica de xénero, porque a igualdade non consiste en que “os nenos fagan cousas de nenas ou o contrario”, senón que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades, e neste caso, poder gozar todos/as do patio do colexio.
Para reforzar este concepto de igualdade a escritora mesturou no conto peculiaridades de certos animais en relación ó xénero, que son do máis interesante e encantoulles ás crianzas.
Un grupo de nenos e nenas, de entre 8 e 12 anos, achegáronse ás nosas instalacións para tomar o seu primeiro contacto (nalgúns dos casos os e as participantes eran máis experimentados) coa robótica e coas tecnoloxías, e puderon saír da actividade co seu “cachivache” eléctrico xa montado e funcionando… e cun novo horizonte de posibilidades para xogar, explorar e seguir aprendendo.
A actividade realizouse seguindo todas as recomendacións de seguridade e hixiene frente ao Covid-19, e tivo lugar dentro do programa Ler conta moito da Consellería de Cultura e Turismo para a Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ver +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/09/aprendendo-robotica-para-un-novo-tempo.html
O sábado pasado os nenos e nenas puideron gozar do mundo da maxia de mans de David Méndez.
Un espectáculo moi ameno e participativo, onde se mesturou a maxia con diversas ilusións ópticas. Isto fixo a delicia de grandes e pequenos e descubrimos que o truco principal está na rapidez.

O pasado xoves 17 de setembro, nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade con idades comprendidas entre os 3 e 7 anos achegáronse ata a Biblioteca Rodríguez Fraíz de Cerdedo para desfrutar deste fantástico contacontos.

Os asistentes ao obradoiro, que se realizou o 18 de outubro, seguindo as indicacións de Miguel Cortés, fixeron figuriñas de animais, con e sen movemento.
Unha maneira entretida de coñecer e aprender unha tradición oriental, a papiroflexia.

Día 18 de setembro de 2020 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Temos a primeira actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man da súa autora Antía Yáñez
o 18 de setembro, ás 11:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 2º e 3º de Primaria do CEIP de Escairón.
A escritora Antía Yáñez xa estivo máis veces na biblioteca e tivo unha sesión de sinatura de autógrafos imprevista na súa última visita:

Eso foi porque os seus libros gustaron moito. Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca]
O patio do recreo estaba ocupado por un grupo pequeno de estudantes que xogaban ó fútbol, e o resto do alumnado repartíase ó redor do campo para entreterse durante os recreos.

O que pasou cando Lúa, unha alumna, pensaba que non era xusto, … contóunolo Antía no seu conto A reconquista e tamén nesta visita!

Ademais recibiu unha preciosa sorpresa:



Séguenos