IGUAIS, DIFERENTES EN CAMARIÑAS

Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.


Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.

Hoxe tivemos no Porriño o espectáculo de narración oral “Elas pintan moito”, que levou a cabo a Compañía Migallas Teatro.
Tratouse dunha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron, como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata a creación artística.
Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubriron facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. Tamén se animou a de senvolver as capacidades creativas sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.



Este mércores en conmemoración do día da biblioteca, chegaron a Axencia de lectura de Santiso varios contos para a igualdade de xénero a cargo de Athenea García ( Xarope Tulú). Desta actividade participaron e disfrutaron os escolares do colexio de Arcediago.

Onte na axencia de lectura de Oubiña, os/as cativos/as e resto de asistentes pasamos unha tarde moi divertida e entretida, grazas a Pablo Sánchez de “Os contos de Pablísimo”. Contacontos, música, títeres e reflexións sobre igualdade.




O martes 22 de outubro tivemos a Teatro Calavera coa súa proposta máis doce: “Chocolate”
E a verdade e que o pasamos moi ben, desfrutamos tanto maiores coma cativos e cativas.

Descubrimos as aventuras da pasteleira Tomasa para acadar a súa receita máis doce, que coas recomendacións do cociñeiro Antón, logrou unha receita apetecible para todos os participantes!

Coma sempre, un acerto e un pracer!
Grazas Teatro Calavera

O pasado venres, 18 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo Xogo revolto, de Teatro de Marionetas Trécola; unha montaxe de gran contido educativo que aborda, dun xeito sinxelo e dende unha perspectiva lúdica, cuestión como a educación emocional, a resolución pacífica de conflitos, o respecto cara aos demais e os estereotipos de xénero.

O Carballo con Botas deeixou moi boas sensacións en Camariñas. Converteu as malas novas en fabulosos corazóns cheos de boas intencións, contos moi divertidos e moitas risas.
Nesta actividade Ian e Elisa deron un espectáculo de maxia no que, ademais de divertir e entreter a grandes e pequen@s, explicaron conceptos relativos ao feminismo e a igualdade de xénero, como por exemplo, o das sufraxistas.
Unha hora de maxia e diversión que deixou encantad@s a tod@s @s asistentes!

https://www.instagram.com/p/B34-s-wifij/
O sábado 19 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca de Bertamiráns participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.

O venres 18 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca do Milladoiro participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.




Séguenos