Maxia na BPM de Brión para celebrar a igualdade





Xan Perillán, da compañía Os monicreques de Kukas, visitou este xoves a nosa biblioteca, implicando aos asistentes na preparación da súa maleta máxica que levaría de viaxe ao Brasil.
A música e a maxia acompañáronnos en todo momento xunto cun loro e un can que desaparecían baixo un sombreiro e n
unha caixa.

Onte pola tarde na Biblioteca Municipal Luís Rei de Cambados, visitounos “Lisístrata”.Os nenos/as e os non tan pequenos/as aprenderon de forma amena, un pouquiño sobre a historia dalgunhas mulleres que foron moi importantes ao longo dos anos.


Os nenos e nenas de 1º a 4º cursos de educación primaria de Moeche pasaron una divertida mañá facendo, “con fíos e papel”, marionetas ás que logo fixeron actuar en diversas historias.
O pasado xoves 3 de outubro na biblioteca de Bertamiráns máis de 20 nenos e nenas gozaron das historias de Micifú, do Loboferoz e ata bailamos e cantamos con historias que nos fixeron reflexionar sobre a importancia da igualdade.
Este mércores 2 de outubro na biblioteca do Milladoiro gozamos moito de escoitar ao Duende Dada e as súas historias cheas de humor e xogos. Unha estupenda maneira de traballar valores como a convivencia, a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo.

Tarde para aprender e desfrutar, das distintas historias de distintas mulleres (músicas, deportistas, científicas…) que nos presentan dende Lisístrata na axencia de lectura municipal de Castrelo.



O pasado mércores día 2 de outubro na ALM de Oubiña, tivemos a sorte de desfrutar dunha tarde espectacular de maxia con Leo Leíño. Foi unha tarde máxica, con música e chistes que os máis pequenos disfrutaron participando en todo momento. Leo fai da maxia unha diversión e conecta co público dunha maneira increíble. Actividade totalmente recomendable.

Os rapaces e rapazas das Pontes tiveron ocasión o pasado xoves 26 de asistir aos trucos de maxia do Mago Richard. Ademais coñecimos a aportación de moitas mulleres relevantes ao mundo da ciencia e da tecnoloxía. Foi un pracer para todos e todas.


O martes día 1 de outubro realizamos dous pases do espectáculo de Leo Leiño na ALM de Vilariño en Cambados e tivemos a sorte de desfrutar dunha tarde espectacular de maxia con Leo Leíño. Foi unha tarde de maxia, música e chistes que os máis pequenos disfrutaron participando de todo. Leo fai da maxia unha diversión e conecta co público dunha maneira increíble. Actividade totalmente recomendable.


Séguenos