ROBÓTICA CREATIVA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “JUANA IBARBOUROU” DE LOURENZÁ
Interesante actividade onde os rapaces e rapazas desfrutaron e experimentaron co mundo da robótica
Interesante actividade onde os rapaces e rapazas desfrutaron e experimentaron co mundo da robótica
Bóveda homenaxeou a Luisa Villalta cun obradoiro sobre a súa biografía.
As persoas participantes, todo o alumnado do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda, desfrutaron coa proposta da arquitecta Sheila García.

O pasado venres un grupo de nenos e nenas pasaron unha tarde moi entretida escoitando o conto de “Maruxa” e poñéndose máns á obra facendo masa para darlle forma aos personaxes do conto así como recreando escenas da historia.



A Biblioteca Municipal de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 20 de maio o taller “Coas mans na masa” da editorial Oqo. Partindo do conto de Eva Mejuto “Maruxa” as nenas e nenos puideron crear a súa escena favorita da historia de Maruxa e Pepiño, empregando coma ingredientes principais masa de pan, cores e moita, moita imaxinación.


O xoves, 16 de maio, Sheila García Prado, de Costa Oeste, desenvolveu un interesante obradoiro sobre Luísa Villalta, a homenaxeada polo Día das letras Galegas 2024. Empregando a técnica do zentangle achegou a figura da destacada escritora galega á cativada participante. Unha actividade moi orixinal que agradou aos nosos/as pequenos/as lectores.
O pasado venres 10 de maio inauguramos a programación das letras
galegas na biblioteca de Foz co obradoiro “Debuxar letras” impartido por Alba Farto. Unha actividade de lettering moi demandada e
con gran aceptación, xa que se cubriron todas as prazas. A picaraxada aprendeu diversas técnicas para crear letras, mesturar cores co uso de pinceis, tintas e rotuladores. Ademáis realizacon os seus propios diseños que puideron levar á casa.
Un grupo de rapaces achegáronse á figura de Luisa Villalta grazas a este obradoiro de ilustración a cargo de Sheila García Prado, da compañía Costa Oeste que tivo lugar o pasado venres na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis. Os nenos e nenas tras coñecer un pouco máis sobre a vida e obra da autora elaboraron os seus cadernos usando a técnica do Zentangle. Unha tarde amena na que aprendemos un pouquiño máis sobre a homenaxeada este ano polo Días das Letras Galegas.

Comenzou a actividade coa lectura de varios contos sobre a arte para espertar o interese dos pequenos, viron tamén obras en gran tamaño de Picasso, Maside, Seoane e Laxeiro.
Para rematar cun taller creativo onde os nen@s disfrutaron facendo debuxos, collages e ata pintura facial.



Obradoiro sobre a figura de Asorey. Moi didáctico. Na primeira parte faise unha breve explicación acerca da figura de Asorey e móstrase parte da sua obra en imaxes. Na segunda parte trabállase sobre a un par de obras do artista utilizado o barro e o papel. Os asistentes levan as obras para casa.
Para celebrar o pasado Día do Libro a Biblioteca de Barreiros levou a cabo unha serie de actividades durante toda a semana.
Nenos e nenas de Barreiros, asistiron o domingo 28 a un obradoiro feito por Alba Santa chamado “O libro obxecto.
hora : 18:30h

Obradoiro O libro Obxecto .
Domingo 28 as 18:30h .
Biblioteca Municipal de Barreiros 2024

Grazas por acompañarnos este Día !


Séguenos