Obradoiro creativo con Xosé Tomás, o 10 de maio, na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as da comarca mergulláronse no mundo do cómic.
Obradoiro creativo con Xosé Tomás, o 10 de maio, na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as da comarca mergulláronse no mundo do cómic.

Para rematar coa celebración do “Día do Libro” contamos coa presenza, nas instalacións da Biblioteca Pública de Mos, de Elena Mª Carracedo a cal ofreceunos o obradoiro Marcapáxinas-lupa. Baseado na obra “O Quixote” os nen@s de 6 a 12 anos leron, actuaron e crearon un orixinal marcapáxinas.
O 23 de abril de 2014, coincidindo coa festividade do Día Internacional do Libro, na Biblioteca do Porriño fixemos unha actividade contando coa colaboración do colectivo Gargallando. Creouse un ambiente participativo entre os rapaces e rapazas, o que fixo que dende a Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca as palabras e a imaxinación tomaran protagonismo e os nenos tiveran a oportunidade de tomar decisións responsables respectando aos seus compañeiros e compañeiras. Foi unha festa dos libros e da lectura, onde cobrou grande importancia a disciplina da ilustración e do acompañamento visual do texto escrito, realizando un achegamento ao mundo do libro ilustrado dende diferentes aspectos. Os rapaces e rapazas traballaron arreo sendo dirixidos por Gargallando, e foron obxecto da capacidade educativa do proceso de creación do libro dende distintas perspectivas, e a través da observación, da colaboración e do xogo.
Qué mellor modo de celebrar o Día do Libro que converter aos rapaces en autores das súas propias experiencias bibliográficas!
En OINK! -a revista do Xabarín Club- sempre teñen un oco para aprender fedellando. Os nenas participantes realizaron varios obradoiros, convertendose en arqueólogos por un día, deseñando e construindo máquinas voadoras, ou experiemtando coas cores.

O pasado venres 25 de abril na Biblioteca Municipal de Cambados dixemos ata pronto á profesora de debuxo Ana, que se achegou á Casa dos Fraga para darnos a coñecer a historia e técnicas creativas da banda deseñada. O taller de Oink! (creadores da revista do Xabarín Club) realizouse grazas a “Ler Conta Moito” e enmarcábase dentro do programa de actividades “Abril… libros mil!” que o Concello de Cambados soe realizar neste mes para dinamizar a lectura e estender a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro a todo o mes.
A actividade realizouse os venres 4, 11 e 25 de abril e participaron o máximo de rapaces permitido, resultando todo un éxito. Todos elaboraron a súa propia banda deseñada e foron moitos os que destacaron pola súa orixinalidade e bo facer… sen dúbida repetiremos!
O Día Internacional do libro infantil e xuvenil a Biblioteca Pública Municipal de Poio celebróuno cun obradoiro artístico para os nenos, un obradoiro de marionetas de papel.

Obradoiro que cautivou aos participantes. Estes sentíronse científicos e aprenderon moito sobre electricidade estática, reaccións químicas e libros.

Obradoiro creativo de gran calidade. Os participantes pintan na súa pel personaxes inventadas por eles mesmos e despois realizan unha pequena dramatización.
Onte mesturamos arte, historia e literatura. Deuses e reis, observamos as súas historias. Todos querían ser pintados polo xenio Velázquez, pintor do rei.
Funcionou!!! todos atentos e alegres ó final, queríamos máis!!!


Séguenos