Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
O 27 de marzo celebramos na Biblioteca Municipal de Poio o Día Internacional do Teatro, coa actuación especial do grupo Expresións Produccións, co seu espectáculo “Conto contigo”.Contos, maxia e monicreques estiveron presentes durante todo o programa.
Este luns os maiores de Chapela se achegaron a coñecer a biblioteca grazas a un contacontos ofrecido por Fátima Fernández.
Fátima Fernández se achegou á biblioteca para traer os seus Contos Susurrados. Neles cabe todo: historias tristes, historias románticas, historias de risa, historias tenras, e historias disparatadas… Todas elas baseadas na tradición oral, e nas lembranzas da vida da mariña lucense.
Ver máis no noso blog: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/10/fatima-fernandez-achegalles-contos-aos.html
A través dos contos e da música chegamos a un mundo de lendas e anécdotas na que predominou a participación e interacción co público familiar.
O xoves día 4 de setembro ás 12.30 horas, tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño, a posta en escena do espectáculo de maxia e música “MaxicoSons, unha aventura entre libros”, no que maxia e música se dan a man co fin de promover a lectura dun xeito orixinal e divertido. O público asistente, de tódalas idades,mostrouse moi satisfeito co desenrolo da actividade.

O pasado venres puidemos gozar, na biblioteca municipal de Monte Alto, da profesionalidade e experiencia dos artistas Alberto Guitián e Leandro Barea, que nos mostraron as técnicas e recursos creativos do humor gráfico actual.
Botamos unhas risas improvisando situacións cotiás que poderíannos servir de inspiración para as nosas propias viñetas, e logo experimentamos con materiais reciclados para crear as nosas primeiras caricaturas. Unha mañá diferente e, sobre todo, moi divertida.
Día 6 de xuño de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Da man de Noemí López desfrutamos do obradoiro Contando con imaxes, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da ilustradoraós asistentes, quen os invitou a non ter medo a debuxar e a que non entraran en pánico por non ter unha gomiña de borrar.
Entre todos, grandes-grandes e pequenos, creamos unha nova versión de Brancaneves.
Aprendemos a representar as expresións máis frecuentes: risa, terror, tristeza,…
De feito, cando estaba rematando o obradoiro, a ilustradora toleou e empezou a facer raias e máis raias, sen xeito… Pero tiña unha explicación mooooi lóxica: estaba intentando descubrir como lle gustaba máis a personaxe, e un truco para non emborranchar todo: non marcar moito co lapis, para poder borrar ó rematar despois de repasar as liñas definitivas con rotulador.

Tanto os adultos participantes coma os máis pequenos desfrutaron da experiencia e sobre todo de comparar as obras duns e outros ó rematar.
Pero só os máis pequenos se animaron a posar coa ilustradora.
O luns, 9 de xuño, ás 18.30 h. a narradora Charo Pita deleitounos no Teatro das Torres anexo á biblioteca , co seu traballo “Contos de amor, erotismo e morte”, unha sesión de contacontos para mozos/as, adultos/as.
Cunha fermosa melodía modulada coa súa voz, comenzou as historias da tradición oral que sobre a vida, o amor e a morte, con certos toque de fino erotismo relatou durante unha hora. Un rosario de contos que fixeron as delicias do público que asistiu ó acto, maioritariamente asistentes ás tertulias literarias (clubs de lectura) que teñen lugar no Sistema de Bibliotecas do Concello.



A actividade que forma parte do programa Ler conta moito da rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración co Concello de Oleiros, completouse cunha pequena exposición das obras que temos na biblioteca de Charo Pita, tanto infantís como de adultos.
O sábado pola mañá tivemos unha sesión de contacontos a cargo de Marisa Irimia “Contos de marmeleiro, anis e limón” .Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que nos fixeron gozar .
Pola tarde tivemos unha conferencia arredor da figura de Xosé Mª Díaz Castro por Concha Blanco “Entrando no calendario”.


Séguenos