A B.M. Ponteceso celebrou o día do libro cos Cueiros de cores de Trinketrinke
O martes 23 de abril celebramos o día do libro na biblioteca municipal de Ponteceso. Veunos a visitar Faifá, unha ratiña de Lonxedetodo, que nos deleitou cuns contos para os nosos pequenos lectores. Contounos a historia do monstro de cores , entre outras, os pequenos cantaron e bailaron a canda a ratiña, pasando así unha agradable tarde na biblioteca.






















Séguenos