“Animaladas” de Teatro Calavera na Biblioteca de Mesía




A biblio de Aldán converteuse nunha selva improvisada ondo os nosos valentes exploradores atoparon unha chea de animais do máis perigoso… :))




Obradoiro sobre a figura de Asorey. Moi didáctico. Na primeira parte faise unha breve explicación acerca da figura de Asorey e móstrase parte da sua obra en imaxes. Na segunda parte trabállase sobre a un par de obras do artista utilizado o barro e o papel. Os asistentes levan as obras para casa.



Espectáculo con cancións, teatro, monicreques,….
Manoliño é un neno ó que lle gustan as aventuras, un día descobre no faiado da súa casa un baúl cun mapa do tesouro dun pirata, decide ir buscalo á mañá seguinte.
Descubrirá que o seu maior tesouro son os seus libros e a sua imaxinación.

O pasado venres, día 26 de abril, pasamos unha tarde monstruosa con Carmen Domech.
Os máis cativos gozaron con tres historias: na primeira temos a Max, un neno que imaxina que é un lobisome e convértese no rei dos monstros, na segunda historia, Carmen preséntanos a outro tipo de monstros que habitan na comida que mercamos no supermercado e, na terceira temos a un monstro que lle resulta difícil identificar as súas emocións pero é axudado por outros monstros.
Para celebrar o pasado Día do Libro a Biblioteca de Barreiros levou a cabo unha serie de actividades durante toda a semana.
Nenos e nenas de Barreiros, asistiron o domingo 28 a un obradoiro feito por Alba Santa chamado “O libro obxecto.
hora : 18:30h

Obradoiro O libro Obxecto .
Domingo 28 as 18:30h .
Biblioteca Municipal de Barreiros 2024

Grazas por acompañarnos este Día !
O pasado venres, visitounos na biblio do Ézaro (Dumbría), Antía Yáñez.
Veu cargada cun feixe de experimentos a través dos cales nos amosou como todo é ciencia e como todo está nos libros. Non fai falta máis ca abrilos.
De ciencias ou de letras? Experimentos na biblioteca, é unha actividade moi recomendable e, ademais, para un abano moi amplo de idades.



O pasado Día do Libro a Biblioteca das Pontes foi unha celebración. Sobre todo grazas ao espectáculo Ondamini de Mamá Cabra. Os nenos e nenas ponteses, e tamén os adultos, bailamos, cantamos e pasámolo estupendo nunha das datas máis queridas para os lectores. Mamá Cabra sempre nos enche de alegría, música e bo humor. Grazas por acompañarnos este Día do Libro!

Hoxe pasamos unha tarde marabillosa con Laura de Patasdepeixe, que nos contou a historia do libro e como se fai. Excelente traballo de educación e divulgación na que as cativas/os aprenderon e disfrutaron, ademais de ir encantados có seu libro. Moi recomendable e unha actividade perfecta para celebrar o Día do Libro.
Go gaio da celebración do día do Libro tivemos a ocasión de contar cunha sesión de piratas. Pirata Frank acompañou aos nenos e nenas na búsqueda do seu tesouro, cruzando as cristas nevadas , a lagoa das ras cantoras e o volcán que cuspe lume sen parar para chegares a coñecer á auténtica Pirata Frank.
Sesión de aventuras e de igualdade para desfrutar deta data de celebración.




Séguenos